Onte o Consello de Ministros autorizou a celebración do contrato para a
realización das obras que permitan terminar a construción e rehabilitación do
Arquivo Histórico Provincial e Biblioteca Pública do Estado no antigo Convento
de San Francisco en Ourense.
As obras foran iniciadas a finais do ano
2003 e quedaron paralizadas en 2006 por causas imputables á empresa
adxudicataria, sendo obxecto de litixio e posterior resolución do contrato de
execución en 2008.
Coa autorización aprobada hoxe polo Consello de
Ministros, a Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, organismo
autónomo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte poderá levar a cabo a
licitación da obra, cuxo resultado será a dotación para a cidade de Ourense
destes importantes espazos culturais.
Esta actuación comprende a
conclusión de tres edificios en obras con distinto grao de execución. Así,
intervirase en dúas edificacións executadas nun 70 por 100, aproximadamente, que
son as destinadas a albergar a nova Biblioteca Pública do Estado e a que
acollerá o depósito do Arquivo. E, tamén, no edificio histórico do antigo
Convento de San Francisco, no que se acometerá unha intervención completa ao non
haberse iniciado a súa transformación para convertelo en sede do novo Arquivo
Histórico Provincial.
Salientar que no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013 o Ministerio de Cultura ten previsto un investimento total en Galicia de 2.035.000 €, dos que, un total de 2.000.000 de euros adícanse íntegramente para a Biblioteca e o Arquivo de San Francisco.
Salientar que no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013 o Ministerio de Cultura ten previsto un investimento total en Galicia de 2.035.000 €, dos que, un total de 2.000.000 de euros adícanse íntegramente para a Biblioteca e o Arquivo de San Francisco.