jueves, 27 de diciembre de 2012

Falando en Radio Voz de boas prácticas de prescrición e do correcto uso dos medicamentos

Esta mañá desde as 8,30 horas tivemos a  ultima sesión  anual do faladoiro de Radio Voz que modera Antia Diaz Leal e na que tres deputados do Congreso, opinamos sobre a actualidade.
 
Hoxe dedicamos bastante tempo a falar do  control do gasto farmacéutico e expresei a miña opinión de que todas as medidas que se veñen adoptando en  Galicia - nun contexto de profunda crise económica  e de merma drástica dos ingresos das administracións públicas - están orientadas a garantir a viabilidade do Servizo Galego de Saúde e cos aforros conseguidos abordar a construción de máis hospitais públicos, con máis tecnoloxia.
 
Citei tamén a recente reunión do presidente Feijoo co presidente da Organización Médica Colegial, na que este recoñeceu a  boa xestión do Servizo Galego de Saúde, dentro das competencias e das responsabilidades da xestión sanitaria dos hospitais e dos centros de saúde da atención primaria.
O documento presentado pola OMC fai fincapé no bo goberno, na xestión clínica e en adoptar unha serie de medidas para preservar a viabilidade do Sistema Nacional de Saúde e o presidente  Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá profundando nunha racionalización do uso do medicamento, nunha prestación farmacéutica homologable ao resto de Europa.
 
Lembrei que Galicia é unha dás comunidades autónomas con maior número de receitas por habitante de España, xa que emite aproximadamente 66 millóns de receitas para preto de 2,8 millóns de habitantes. Ademais, é tamén unha dás comunidades que ten un maior gasto por receita, cun prezo medio superior á a media nacional.
 
Afirméi que en Galicia, o goberno de Feijoo leva aforrados un total de 57,2 millóns de euros no período comprendido entre os meses de xaneiro e outubro de 2012 respecto ao mesmo período do ano 2011, cunha porcentaxe de diminución do gasto do 8,24%.
 
Dixen que tendo en conta estas dúas magnitudes, a Xunta considera que hai unha marxe de mellora no ámbito da prescripción, como pode ser o das novidades terapéuticas de prezo elevado que non supoñen unha mellora sobre tratamentos de prezo inferior que xa se están prescribindo, ao tempo que se afonda na seguridade coa extensión e ampliación do programa de polimedicados, facendo especial fincapé na necesidade de controlar as interaccións medicamentosas, que de por sí xeran problemas de saúde aos cidadáns.