lunes, 17 de diciembre de 2012

Interparlamentaria Popular

En Toledo celébrase a 18 Interparlamentaria Popular na que Mariano Rajoy presidente do Goberno e do Partido Popular asegurou que "ninguén poderá dicir que nos quedamos cos brazos cruzados".

"Poderase estar ou non de acordo, pero non houbo un goberno que faga tantas reformas en tan pouco tempo e cada unha é un avance irreversible cara á meta da recuperación", e que "sen as renuncias parciais de cada un, a recuperación de todos é imposible" e insistiu en que "as reformas non son unha opción, son unha obrigación para preservar o mellor do noso país".                                                                   

 Así mesmo, Rajoy destacou "a estabilidade política coa que conta o noso país, fundamental e admirada porque non existe ningún goberno europeo con tanto tempo por diante nin tanta estabilidade para sacar reformas con serenidade, determinación e confianza".                                                      
 
Rajoy dixo que hai fundadas razóns para a esperanza, "Afrontamos un 2013 moi complicado, pero terminará mellor dos que vai empezar", e que "agora o que toca é traballar para afrontar a crise, conseguir a recuperación económica, crear emprego, a integración en Europa e ser un país respectado e noticia por ser capaces de recuperarnos". 
 
Tamen afirmou que "as bases xa están sentadas e España vai estar na roda do cambio e non vai ser un axente pasivo, nin contemplativo, nin subordinado, senón participativo, activo e con perfil propio". "Temos país para afrontar esta crise. Hai quen tomaron no seu día as rendas dunha España próspera e entregáronnola nunha situación crítica, pola súa banda o Goberno e o PP tardará moito menos tempo en devolvela polo bo camiño", concluiu.