Hoxe
coñecemos os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro.
Son
os seguintes:
Ourense:
Medra
o paro rexistrado en relación co mes anterior en 1.308 persoas, un incremento
notable do 4,48 %, superior a media galega e nacional.
O numero
de parados queda en 30.497, deles 14.711 son homes e 15.786 mulleres, 28,120
son maiores de 25 anos e 2.377 menores.
Por
sectores, 1.460 son da agricultura, 4.292 da industria, 4.544 da construción,
17.379 nos servicios e 2.822 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O
paro rexistrado de Galicia medrou en 8.724 persoas con respecto a outubro (un
3,26 %). O numero de parados queda en 276.356, deles 134.919 son homes e
141.617 mulleres, 256.256 son maiores de 25 anos e 20.280 menores.
Por
sectores, 8.910 son da agricultura, 38.930 da industria, 44.108 da construción,
160.894 nos servicios e 23.694 do colectivo sen emprego anterior.
O dato e claramente negativo negativo,
maís cómpre subliñar que é tradicional nos meses de novembro que os datos sexan
negativos xa que sempre se rexistra un aumento importante do desemprego en
Galicia. Con todo, é un incremento menor que o rexistrado no mesmo mes do ano
anterior. Ademais, este incremento é menor que o
da media dos últimos catro anos. E tamén conseguiuse conter a evolución
interanual do desemprego.
Por outra banda, se
en Galicia o dato interanual se incrementa nun 9,12%, na media do Estado
incrementouse en 11,02%. Dentro das comunidades onde sube o desemprego Galicia é, en termos interanuais, a quinta
comunidade onde menos sube o desemprego.
España:
O paro
medrou en novebro en 74.296 persoas, un 1,54 %. Queda situado en 4.907.817
persoas. Deles 2.416.228 son homes e 2.491.589 son mulleres, 4.421.444 son
maiores de 25 anos e 486.373 menores.
Por
sectores, 190.968 son da agricultura, 540.261 da industria, 751.507 da
construción, 3.042.939 nos servicios e 382.151 do colectivo sen emprego
anterior.
Compre ter en conta que as cifras do mes de novembro recollen o efecto puntual
da extinción de convenios especiais obrigatorios de Seguridade Social para
coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia.
Esta extinción de convenios concentrouse no tempo, e deu lugar a que neste mes se recollan nos datos de paro rexistrado 37.983 persoas máis, só por esta circunstancia. Estas persoas atopábanse dadas de alta como demandantes de emprego pero non computaban nas listas de paro rexistrado en virtude do seu convenio especial.
Esta extinción de convenios concentrouse no tempo, e deu lugar a que neste mes se recollan nos datos de paro rexistrado 37.983 persoas máis, só por esta circunstancia. Estas persoas atopábanse dadas de alta como demandantes de emprego pero non computaban nas listas de paro rexistrado en virtude do seu convenio especial.
Fonte:
Servizo Público de Empleo Estatal.