Hoxe coñecemos que España rexistrou en outubro o mellor dato da balanza comercial desde 1972, o que representa a maior taxa de cobertura (porcentaxe de importaciones que poden pagarse coas exportacións realizadas no mesmo periodo) desde que hai rexistros, a partir de 1972.
Achegámosnos así á media da UE e superamos ampliamente a taxa de países como Reino Unido ou Francia. Na serie histórica, o dato máis próximo alcanzouse en 1997, cun 85,1%.
O déficit comercial redúcese un 28,3% interanual e sitúase en 28.056,4 millóns de euros polos 39.114,9 dos primeiros dez meses de 2011.
As exportacións de mercancías alcanzan un total de 185.105 millóns de euros, sendo os principais sectores exportadores os bens de equipo, alimentos, produtos químicos, automóbiles e semimanufacturas. En bens de equipo destacan os aumentos nestes meses nas vendas ao exterior de material de transporte ferroviario (37,6%), motores (16,3%) e maquinaria específica (15,7%).
En alimentos crecen as exportacións de carne (15,1%) e bebidas (12,6%). Destaca tamén o avance dos produtos químicos orgánicos (34,9%) e abonos (24,6%), así como de metais non ferrosos (13,4%).
Pola contra, as nosas importacions continúan o seu descenso, cun total de 213.161,8 millóns de euros. Dentro deste dato, a nosa dependencia enerxética segue explicando que as compras de produtos enerxéticos sexan o principal capítulo importador (24,6% do total), que continúa crecendo (14,8% fronte ao mesmo periodo do ano anterior).
Pola contra, as importaciones non enerxéticas redúcense nestes meses un 6% fronte ás de xaneiro-outubro 2011. Por áreas xeográficas, o saldo comercial coa UE alcanza un superávit de 9.331 millóns de euros, máis do triplo do rexistrado en xaneiro-outubro 2011 e, coa zona euro, o superávit comercial alcanza os 5.884,2 millóns de euros, fronte a un saldo de 818,5 millóns nese mesmo periodo do ano anterior.
En ambas zonas o superávit comercial iniciouse en xaneiro de 2012 e continuou ininterrumpidamente ata a data. Neste periodo España rexistra importantes saldos favorables con algúns dos nosos principais socios comerciais: con Francia (7.775 millóns de euros), con Reino Unido (2.870,9 millóns de euros), con Portugal (5.480,2 millóns de euros), con Italia (640 millóns de euros), con Polonia (488,8 millóns de euros) ou con Austria (196,1 millóns de euros).
Ao mesmo tempo, noso saldo deficitario con Alemania reduciuse un 56%. A crecente diversificación das nosas exportacións explica o notable aumento das vendas destinadas a África (31%), América Latina (18,5%), Asia (15,3%) e América do Norte (13,1%). Cabo destacar os incrementos que se produciron nas exportacións a mercados con gran potencial, como son EE.UU (13,3%), México (13,9%), Corea do Sur (23,7%), Indonesia (33,7%) ou Marrocos (22,8%). .