Onte asistín a un xantar-coloquio organizado polo Club Síglo XXI protagonizado polo Secretario de Estado de Comercio Jaime García-Legaz.
Trasladou ao nutrido auditorio unha mensaxe optimista en relación á recuperación da economía no próximo ano e dixo que " aínda que os datos da economía española son complicados, agora sabemos onde está a luz ao final do túnel e se os organismos internacionais acertan, o final da crise ten data, o 2013, e España poderá dicir que superou a crise co esforzo e sacrificio de todos, pero hai que seguir traballando e aplicando as reformas estruturais que a economía necesita"
Deu unha ampla información sobre a situación do noso sector exterior que cualificou de panca da recuperación española. Dixo que "as exportacións son o único motor posible da recuperación neste momento. Haberá un momento onde o sector interior tomará a substitución. Non é que confiemos en que o exterior sexa o único factor de recuperación, pero o primeiro que ten que tirar é o sector exterior", asegurou.
Afiirmou que grazas á reforma laoral as nosas empresas gañaron en competitividade e que ademais corriximos problemas estruturais que arrastrabamos de décadas, mostra diso o dato de que antes se colocaba o 75% en Europa e só o 25% fora e agora o destino europeo é do 63 % e diversifícanse as exportacións aos mercados de alto crecemento como Africa ou Asia.
Adiantou Jaime García-Legaz que nas próximas semanas verá a luz unha reforma da Lei de Garantía de Unidade de Mercado, "que pretende reconstruír o mercado nacional que quedou segementado en 17 mercados"
Tamén se referiu ao proxecto de nova Lei de Cámaras de Comercio, afirmando que España é un dos poucos países que non conta cunha cámara nacional, senón que existe un órgano que coordina a acción destas institucións e que por iso o que se busca é potencialas para que traballen principalmente no ámbito da internacionalización das pymes.