No Pazo de
Raxoi tivo lugar hoxe pola mañá a toma de posesión dos Conselleiros da Xunta de
Galicia, nun acto presidido polo presidente Alberto Núñez
Feijóo, quen destacou como único obxectivo común a todo o novo Goberno galego o
de iniciar o crecemento mantendo e mesmo incrementando, “como temos feito ata
agora”, o Estado de Benestar.
Feijóo pediulle ao novo Goberno plena dedicación;
respecto ás siglas que representan, “que son as siglas de Galicia”; humildade
para vivir os acertos que consigan e para emendar os erros que cometan; e, ante
calquera dúbida na xestión ordinaria dos próximos anos, sempre elixir o camiño
que sitúa a Galicia primeiro. E desexoulle sorte ante os retos moi difíciles
que teñen que afrontar e os moitos obstáculos que sortear para superalos.
O presidente da Xunta explicou por qué Alfonso
Rueda ten sido designado vicepresidente: “é a persoa axeitada para axudarme na
coordinación interna do Goberno e deste co Parlamento, como responsable das
relacións do Executivo coa Cámara galega”. “É unha decisión con ese obxectivo
eminentemente práctico, pero tamén cunha vertente simbólica, que é elevar o
rango da persoa que ostenta a interlocución entre o goberno lexítimo dos galegos
e os seus máximos representantes, que son as deputadas e os deputados do
Parlamento autonómico”.
Quero
salientar, como o ten feito nese acto o presidente Feijóo o
excelente traballo do saliente Conselleiro de Economía, Javier Guerra, que
traballou arreo nun momento de gran dificultade.
Parabéns a todos.