A ministra de Fomento, Ana Pastor, presentou hoxe, xunto ao presidente de Renfe, Xullo Gómez-Pomar, o novo sistema de prezos de Renfe para os billetes de AVE.
Na web do Ministerio se infrma que as novas tarifas, con novidades e descontos en todas as súas modalidades, permitirán que un maior número de persoas utilicen os servizos de Alta Velocidade da compañía, á vez que incrementarán a ocupación dos trens.
O primeiro desconto dentro do novo sistema será o da tarifa xeral, que se reduce un 11% e do que se beneficiará o conxunto dos clientes da clase Turista e Turista de AVE de Renfe.
Estes novos prezos entrarán en vigor a partir do próximo 8 de febreiro. Desde esa data viaxar en AVE será máis barato e máis sinxelo para todos os colectivos: mozos, familias, viaxeiros frecuentes, de negocios, grupo, en ida e volta ou con viaxes múltiples.
Prezos Promo: a nova oferta de Renfe
Coa nova política anunciada hoxe, as técnicas de xestión de prezos flexibles en función da demanda xeneralizaranse e estenderán a todos os corredores e a todos os trens AVE.
Renfe lanza os novos prezos Promo, os billetes máis baratos de cada tren. Estes billetes, ligados a un prezo cun desconto de entre un 30% e un 70%, permitirán viaxar en calquera clase, data e horario. Aínda que a anticipación na compra multiplicará a posibilidade de obter mellores descontos, as ofertas poderán saír á venda en calquera momento. Cos novos prezos Promo será posible viaxar en AVE de Madrid a Barcelona desde 32 €, de Sevilla a Valencia desde 27,8 € ou desde Valencia a Madrid desde 21,7 €.
Os novos billetes Promo estarán suxeitos a limitacións de cambios, anulacions e reserva de praza. No entanto, existirá a opción de flexibilizar estas condicións (permitirán anulación e cambios con gastos) e elixir asento pagando un pequeno extra, no que se denominará prezos Promo .
Xunto ás prazas Promo, xeneralizarase a oférta Mesa en todos os trens e en todas as clases AVE. Esta oferta permite viaxar a catro personas co 60% de desconto.
Bono AVE: un novo abono de 10 viaxes cun 35% de desconto
Renfe presenta ademais por primeira vez Bono AVE, un abono para viaxeiros de AVE con carácter nominativo e válido para 4 meses. Este abono permitirá realizar 10 viaxes nunha ruta e clase seleccionada polo cliente cun desconto do 35% en cada traxecto.
As viaxes de ida e volta seguirán mantendo un desconto global do 20%, pero o sistema faise máis eficaz. En lugar de facer todo o desconto (40%) no billete de volta como ata agora, se desvinculan ambos billetes e executarase un 20% en cada traxecto desde o momento da compra. Ademais, amplíase a validez da volta a un ano en lugar dos 60 días actuais.
Este 20% de desconto en cada traxecto poderase obter tamén na chamada ?Viaxe Múltiple?. Esta novidade comercial, que se implantará a partir do próximo 1 de xuño, está orientada aos profesionais que se despracen a varias cidades consecutivamente (p. ex. Madrid-Barcelona, Barcelona-Valencia e Valencia-Madrid). O desconto adquirindo billetes para a viaxe completa será do 20% en cada traxecto.
Renfe tamén quere incrementar o uso do AVE entre os mozos. Para iso implantará unha tarxeta ?virtual? que permitirá aos menores de 26 anos viaxar cun desconto do 30% en todos os billetes. Para acceder a esta tarxeta é necesario abonar unha cota anual de 20 euros máis IVA. Esta cota é inferior á que existe noutros sistemas parecidos noutros países europeos, polo que se amortiza cunha soa viaxe. Esta tarxeta entrará en vigor o próximo 1 de marzo.
Para os maiores mantense o sistema de descontos da Tarxeta Dourada e para nenos de ata 13 anos mantense tamén o 40% en todos os trens.