Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro registrado en
decembro en relación co mes anterior en 90 persoas, un descenso do 0,30 %,
sendo a única provincia galega que ve reducido o desemprego.
O numero de parados queda en
30.407, deles 14.918 son homes e 15.489 mulleres, 28.096 son maiores de 25 anos
e 2.311 menores.
Por sectores, 1.482 son da
agricultura, 4.349 da industria, 4.652 da construción, 17.193 nos servizos e
2.731 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual o paro
rexistrado medrou en Ourense en 2.190 persoas, un 7,76 %, que é inferior ao
dato autonómico do 7,96 % e ao nacional do 9,64%
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia
medrou en 2.251 persoas con respecto a novembro (un 0,81 %). O numero de
parados queda en 278.787, deles 138.305 son homes e 140.482 mulleres, 258.940
son maiores de 25 anos e 19.847 menores.
Por sectores, 9.455 son da
agricultura, 40.189 da industria, 45.984 da construción, 160.137 nos servizos
e 23.022 do colectivo sen emprego anterior.
O dato é negativo, pois a nivel
estatal o paro redúcese nun 1,20 %, maís estamos ante o mes de decembro co
mellor comportamento dos últimos 6 anos. Nos últimos seis anos o aumento
rexistrado nos meses de decembro foi –agás no 2007- como mínimo de máis do
dobre do que rexistrouse no ano 2012.
A nivel interanual o paro
rexistrado medrou en Galicia en 20.553 persoas, un 7,96 %, que é inferior ao
dato nacional do 9,64%
A evolución interanual do
desemprego en Galicia está 1,68 puntos por debaixo da media estatal. Hai un
ano, a situación era á inversa. Galicia é, en termos interanuais, a sexta
comunidade onde menos sube o desemprego.
España:
O paro baixou en decembro en
59.094 persoas, un 1,20 %. Queda situado en 4.848.723 persoas. Deles 2.407.907
son homes e 2.440.916 son mulleres, 4.392.088 son maiores de 25 anos e 456.635
menores.
Por sectores, 187.876 son da
agricultura, 543.055 da industria, 755.832 da construción, 2.993.492 nos
servizos e 368.468 do colectivo sen emprego anterior.
É o mellor dato rexistrado nun
mes de decembro en toda a serie histórica. A redución do número de
desempregados afecta con maior intensidade aos colectivos e sectores que
habitualmente teñen un bo comportamento en decembro: mulleres, novas, persoas
sen emprego anterior e sector servizos.
A nivel interanual o paro
rexistrado medrou en España en 426.364 persoas, un 9,64 %.
É significativa a desaceleración do crecemento do paro en términos
interanuais, que se sitúa por baixo do 10% e lonxe do máximo do 12,5%,
alcanzado no último mes de maio. Nos últimos 6 meses o paro estase comportando
mellor que en 2011, tendo en conta que na segunda metade do ano 2011 o paro
aumentou en 300.000 persoas, mentres que no mesmo período de 2012 o incremento
foi de 233.000 persoas.
Fonte: Servizo Público de Empleo
Estatal.