O vindeiro fin de semana celebraremos en Lugo o XV Congreso do PPdeG que será presidido por Jaime Castiñeira, deputado autonómico e voceiro municipal do partido en Lugo é que o dirixente que colleitou a porcentaxe máis alta do PP nas eleccións municipais nas cidades pese a que por unha decena de votos non logrou a maioría absoluta para ser alcalde.
A presidenta do Comité Organizador do XV Congreso do PPdeG, Raquel Arias, presentou o lema do cónclave, "Sigamos avanzando" no que debateremos tres ponencias:
- ‘Estatutos e regulamento dun partido que cambia contigo’, que ten como obxectivo actualizar a normativa interna do partido así como modernizar o seu funcionamento para estar á altura do que os cidadáns demandan á clase política.
- ‘A crise como reto do presente; o crecemento como meta do futuro’, que pretende trazar as liñas de traballo coas que os populares vamos a traballar nos próximos anos naquelas institucións nas que temos responsabilidades de goberno, co obxectivo de seguir afrontando a crise económica e ser capaces de iniciar o camiño cara a recuperación e o crecemento.
- En terceiro lugar, tamén debatiéremos a ponencia ‘As persoas como prioridade dunhas institucións abertas’, co obxectivo de abordar o futuro dos servizos públicos, que os populares consideramos imprescindibles, así como das institucións para que vexan mellorada a súa capacidade de interlocución cos cidadáns.
Tamén votaremos a candidatura de Alberto Núñez Feijó para a Presidencia do partido e elixiremos os órganos de Goberno.