Hoxe os ourensans recibimos unha moi triste noticia, o inesperado falecemento de José Domingo Posada González.
Foron moitas as facetas da súa vida nas que destacou, pero con diferenza no mundo empresarial. Pioneiro das exportacións, abriu mercados en todos os continentes e serviu de referente para moitos emprendedores.
Potenciou a incorporación de valor engadido ás nosas producións agrarias, como foi no caso da castaña, desenvolvendo o extraordinario producto "Marrón Glace" e creando a súa propia marca.
Foi xerente da cooperativa vitivinícola do Ribeiro e o principal impulsor da Irmandade dos Viños Galegos.
Na sua faceta publica foi presidente de Caixa Ourense entre os anos 1984 e 1987 e tivo presenza política desde posicións galeguistas no Parlamento Europeo representando a Coalición Galega.
Un gran home, culto, intelixente e xovial que deixa un extraordinario recordo en Ourense, na sua amada Galicia e seguro que en lugares tan alonxados como Angola, Brasil ou Xapón.
O meu mais sentido pésame á súa esposa María do Carmo Henríquez Salido, o seu fillo José e toda a sua familia.
http://www.marronglace.net/
O meu mais sentido pésame á súa esposa María do Carmo Henríquez Salido, o seu fillo José e toda a sua familia.
http://www.marronglace.net/