Compre salientar que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, este mediodía, na rolda de prensa do Consello, o último paso para a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), coa aprobación de 58 millóns de euros para que se licite a obra, “54.000 metros cadrados de novo hospital”.
Feijoo destacou tres grandes actuacións: un novo bloque de hospitalización; un novo bloque de servizos xerais e un aparcadoiro para o persoal do centro e para o resto dos cidadáns.
E informou que na próxima semana, no Diario Oficial de Galicia, “saberase o prazo para a presentación de ofertas económicas”.
O presidente da Xunta subliñou que a ampliación do CHUO suporá unha mellora na atención, xa que o 60% das habitacións serán individuais; unha maior accesibilidade, con 700 prazas de aparcadoiro; e unha maior innovación, “dado que concretamos os fondos europeos de innovación nun proxecto, o Hospital 2050”.
Celebro este paso que vía a permitir que Ourense se incorpore, cunha nova infraestrutura hospitalaria, ao compromiso de novos hospitais, ampliación de hospitais existentes e novas instalacións no Servizo Galego de Saúde no ámbito hospitalario.