Unha parte esencial da intervención de Mariano Rajoy, foi referida ao problema da corrupción política. Entre outras estas frases:
" Toda corrupción é insoportable. É corrosiva para o espírito cívico, lesiona a democracia e desacredita a España. Calquera corrupción. Calquera volume de corrupción é sempre demasiado. Repúgname que en España xurdan casos de corrupción, pero me enorgullece que as institucións funcionen na súa persecución. Que fiscais e xuíces, a Administración de Xustiza, sigan actuando no cumprimento do seu deber. É misión de todos nós ofrecerlles instrumentos que faciliten a súa tarefa.
Teño que dicilo con toda firmeza: non é verdade que en España haxa un estado xeneralizado de corrupción. Iso é unha insidia. Nin España é a nación máis corrupta, nin todos os políticos son corruptos, nin nos afundimos por culpa da corrupción. Xeneralizar a conduta indeseable dalgúns a todos os políticos e, de paso, ás institucións e ao país enteiro, é profundamente inxusto.
Non quero que España se converta nun país inhabitable porque se aplaudan as acusacións sen probas. Porque causan danos que nin a rectificación poderá reparar, porque xa son irreparables.
Propoño hoxe un amplo acordo nesta materia desde a lealtade institucional, a autoesixencia e a responsabilidade colectiva cos nosos conciudadans."
Propostas do Goberno:
. Aplicación da Lei de Transparencia aos partidos políticos e a outras organozacions
. Aprobación dunha Lei Orgánica de control da actividade económico- financeira dos partidos políticos.
. Aprobación dunha Lei Orgánica reguladora do exercicio das funcións políticas.
. Regulación parlamentaria dos grupos de interese (lobbies).
. Reforma do Código Penal.
. Reforma da Lei de Enxuizamento Criminal.
Aplicación dos criterios da Lei de Transparencia a:
. Partidos políticos.
. Organizacións sindicais.
. Organizacións empresariais.
. Entidades que se financien esencialmente con fondos públicos.
Lei Orgánica de control da actividade económico-financeira dos partidos políticos:
. Establecemento do procedemento de aprobación das contas nos estatutos dos partidos políticos.
. Depósito obligatorio das contas anuais nun rexistro público.
. Fiscalización polo Tribunal de Contas de todos os ingresos e gastos das fundaciones vinculadas aos partidos.
. Regulación dos procedementos de contratación dos partidos.
. Regulación da figura do responsable da xestión económico-financeira dos partidos políticos:
. Deber formal de colaboración co Tribunal de Contas.
. Obrigación de comparecencia anual ante o Parlamento.
Lei Orgánica reguladora do exercicio das funcións políticas:
. Regulación da publicación das declaracións tributarias, de bens e de actividades dos cargos públicos.
. Realización de auditorías da situación patrimonial dos altos cargos ao final do mandato.
. Establecemento de escalas de retribución dos cargos públicos.
. Determinación e límites dos sistemas de protección social.
. Limitación da compensación tralo cese.
. Reforzo da Oficina de Conflito de Intereses.
. Proposta de extensión destas medidas aos parlamentarios (reforma das normas no Congreso e o Senado).
. Regulación parlamentaria dos grupos de interese ou lobbies (reforma do reglamento das Cámaras):
. Creación dun rexistro dos grupos de interese nas Cortes.
. Establecemento dun código de conduta con actividades, límites e obrigacións.
Reforma do Código Penal:
. Endurecemento das penas correspondentes aos delitos asociados coa corrupción.
. Ampliación dos prazos de prescripción destes delitos.
Reforma la leí de Enxuizamento Criminal:
. Modificacións para axilizar a tramitación dos procesos penais por delitos relacionados coa corrupción, por exemplo:
.Tratamento do enxuizamento dos delitos conexos para axilizar os procedementos.
. Separación da determinación da responsabilidade civil respecto da penal.