Esta mañá, de 8,35 a 9,30 tivemos o habitual faladoiro en Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal no que participo en compañía das deputadas nacionais Olaia Fernández e Laura Seara.
A moderadora propúxonos comentar o barómetro de xaneiro que
elabora o Centro de Investigacións Sociolóxicas.
Na miña intervención
constatei as respostas dadas ás preguntas sobre os principais problemas
que existen actualmente en España: Paro 81,1 %, os problemas de índole económica
38,9 %, os políticos en xeral, os partidos e a política un 30,3 % e a corrupción e
a fraude o 17,7 %.
E cualifiquei estas respostas como normais no contexto de aguda crise económica que vivimos e dixen que deben facernos reflexionar sobre as
actuacións que debemos tomar para que estas preocupacións descendan.
Recordei que as enquisas do CISS revelan que o PP pasa do 44,6 % de apoio
nas últimas eleccións ao 35 %, o PSOE pasa do 28,7 % de apoio nas eleccións ao
30,2 % (medra punto e medio) e o BNG pasa do 0,75 % de apoio nas eleccións ao 0,80 % (sobe
medio punto)
Tamén citei outro resultado do CISS,
que é a valoración sobre a actuación do Goberno e da Oposición do PSOE no seu conxunto. Así sabemos que a porcentaxe de persoas que consideran que esa xestión é mala ou moi mala: no caso do Goberno é do
66 % e no do PSOE na oposición o 69, 3 %
Tamén falamos das medidas que poderían
adoptarse para que os cidadáns puidesen confiar na honradez e a integridade dos
seus dirixentes.