Son os seguintes:
Ourense:
Medra o paro registrado en
xaneiro en relación co mes anterior en 1.434 persoas, unha suba do 4,72 %.
O numero de parados queda en
31.841, deles 15.539 son homes e 16.302 mulleres, 29.437 son maiores de 25 anos
e 2.404 menores.
Por sectores, 1.457 son da
agricultura, 4.497 da industria, 4.843 da construción, 18.343 nos servizos e
2.701 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual o paro rexistrado
medrou en Ourense en 1.861 persoas, un 6,21 %, que é inferior ao dato
autonómico do 7,19 % e ao nacional do 8,28 %
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia
medrou en 12.003 persoas con respecto a decembro (un 4.31 %). O numero de
parados queda en 290.790, deles 143.674 son homes e 147.116 mulleres, 270.170
son maiores de 25 anos e 20.611 menores.
Por sectores, 9.698 son da
agricultura, 40.729 da industria, 47.382 da construción, 169.993 nos servizos
e 22.988 do colectivo sen emprego anterior.
Os datos son negativos porque hai un aumento do paro, que
se concentra principalmente no sector servizos (comercio, restauración...),
polo que está vinculado ao remate da campaña de Nadal. Xaneiro en Galicia é un
mes tradicionalmente malo. De feito, lévanse rexistrado incrementos do paro
desde o ano 2005 neste mes. Con todo, o aumento do xaneiro de 2012 foi maior
que o rexistrado este mes.
Máis Galicia
rexistra un comportamento mellor na evolución interanual que en 2012. Neste mes
de xaneiro rexistrouse un incremento do 7,19 %, o que supón en termos absolutos
19.506 persoas. Mentres, en 2012, este incremento era de 25.453 persoas, un
10,35%, isto é dun ano a outro mellorouse o dato interanual en máis de 3
puntos.
En comparación co Estado, o comportamento interanual de
Galicia tamén é mellor. Se en Galicia o interanual se incrementa nun 7,19%
(máis 19.506 persoas), na media do Estado incrementouse en 8,28%. Polo tanto, a
evolución interanual do desemprego en Galicia está 1,1 punto por debaixo da
media estatal. Hai un ano, a situación era totalmente inversa. A evolución
interanual da media de España era, cun 8,7%, 1,63% mellor que a galega, cun 10,35%.
Actualmente conseguiuse inverter esa situación, e Galicia
está mesmo mellor que España. Galicia é, en termos interanuais, a cuarta
comunidade onde menos sobe o desemprego.
España:
O paro medrou en decembro en
132.055 persoas, un 2,72 %. Queda situado en 4.980.778 persoas. Deles 2.472.830
son homes e 2.507.948 son mulleres, 4.516.938 son maiores de 25 anos e 463.840 menores.
Por sectores, 203.179 son da
agricultura, 550.818 da industria, 759.309 da construción, 3.102.474 nos servizos
e 364.998 do colectivo sen emprego anterior.
Estos
datos correspondentes a xaneiro manteñen, un mes máis, a tendencia de
ralentización do ritmo de aumento do paro rexistrado, dentro do actual contexto
de recesión económica. A nivel interanual o paro rexistrado medrou en España en 380.949 persoas e a taxa de incremento interanual que alcanzaba en maio de
2012 un valor próximo ao 13%, continúa descendendo desde entón e sitúase xa
preto do 8%.