Abordamos
cuestións relativas a reunión dos xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea
para pechar un presuposto para os próximos sete anos e na que parece que España
contará, en principio, con 500 millóns de euros máis para o desenvolvemento
rural e que se contempla un fondo novo, reclamado por España, para loitar
contra o paro xuvenil.
Falamos
tamén do importante papel que desenvolven os deputados populares galegos no
Congreso, e tamén do contido do traballo parlamentario, as veces moi decoñecido.
Tamén fun preguntado polo futuro Congreso do PP
de Ourense que terá lugar en datas próximas no que opta a reeleción o
presidente actual e dixen que
confiaba que elaborara unha candidatura integradora plural e representativa do
conxunto do partido.
Resaltei que os Partidos políticos son intrumentos democráticos
para traballar en beneficio da sociedade e polo tanto que traballar xuntos
sempre é beneficioso. E que as diferenzas sobre aspectos concretos existen en
todalas organzacións, nos paridos, nas empresas e mesmo nas familias e que o
razoable e superalas en torno a un ben común.
Tamén fun
preguntado polos ruxerruxes dun eventual salto
de Alberto Núñez Feijóo á política estatal. Dixen que eran faladurías dos
cronistas políticos, e que o compromiso electoral do presidente feito cos
galegos nas últimas autonómicas é indiscutible. Ao mesmo tempo sinalei que "Feijóo
ten enorme prestixio como xestor e político serio", e é que iso é
recoñecido por todos.
Tamén falamos de infraestructuras e resaltei o compromiso da ministra de Fomento con Galicia, en concreto co AVE. "Os treitos máis difíciles da alta velocidade como Lubián-Ourense están en obras, a inmensa maioría, obras inxentes que están proporcionando emprego e movemento económico".
http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-08-02-2013-526439