miércoles, 13 de febrero de 2013

Montoro: " O Goberno está traballando con forza, con intensidade, para que Navantia sexa unha empresa competitiva"

Esta mañá no Pleno do Congreso a deputada do BNG Rosana Pérez Fernández, formulou ao Goberno unha pregunta: ¿ por qué razón descartou o Goberno a construción do necesario dique flotante no astillero público de Navantia, na ría de Ferrol?

Respondeu en nome do executivo o ministro Montoro que dixo: "o Goberno non descartou nada; o Goberno está traballando con forza, con intensidade, para que Navantia sexa unha empresa competitiva, para que Navantia salga do debate político do que foi obxecto na campaña electoral de Galicia, cando se negaron contratos xa asinados, que van dar a Ferrol unha carga de traballo moi importante a curto prazo. Por iso, polo que estamos facendo, eu pídolle ao seu grupo, ao BNG, que se some ao esforzo de conseguir que Navantia sexa unha empresa competitiva e construamos xuntos un futuro moito máis certo para os traballadores de Navantia, para toda a comarca de Ferrol, para Cádiz e para Cartagena"


Replicou a deputada afirmando entre outras cousas que "desde o goberno tomáronse decisións políticas en todo este tempo en contra do sector naval galego, estratéxico e vital para a nosa economía e a nosa supervivencia, e agora xa non valen máis promesas, nin máis escusas de mal pagador" e díxolle ao ministro "tomen dunha vez por todas a única decisión política que tería efecto, asuman en serio negociacións coa Unión Europea"


Pechou o debate o ministro Montoro que respondeu: "Coa Unión Europea xa avanzamos, señora deputada, e teño moito gusto en informarlle de que xa chegamos ao acordo para aplicar en España o sistema coñecido como tax lease e que os nosos astilleros poidan competir nas mesmas condicións que o resto de Europa, pero con toda normalidade. En Navantia Ferrol no mes de marzo vanse a empezar a curtas chapas, a ocupación é realmente alta, así que tranquilícese, señoría, tranquilícese, e non veña con eses discursos políticos que realmente o que fan é trastornar a imaxe dun país serio que está contratando seriamente con outros países; é así, estamos contratando logo de sete anos de seca en contratos, sete anos onde Navantia non recibira ningún contrato exterior, señoría, e agora estámolo facendo. Imos dicirllo a todos, aos traballadores, aos habitantes da comarca e á industria auxiliar, que estamos traballando, que afortunadamente en Ferrol hai carga garantida para bastante tempo e que, insisto, non hai ningunha opción descartada para seguir apoiando que España sexa un centro de construción naviera dentro de Europa e dentro do mundo"

Coido que estas manifestacións do ministro en sede parlamentaria evidencian que o executivo central traballa para que en Navantia Ferrol haxa "carga de traballo" sen descartar nengunha outra opción.