Polo que se refire á provincia de Ourense destinaranse preto de 391.000 euros para a reconstrución da pasarela peonil, (entre O Barco e Coedo), e a estabilización de taludes na N-536 entre os pp.kk. 43,120 e 47,750.
Recordemos que a consecuencia do terrible incendio forestal do mes de agosto de 2012 quedou parcialmente destruída a pasarela peonil de madeira construída sobre unha pendente orientada ao río Sil que une O Barco de Valdeorras con Coedo pola N-536. De modo que trala sua inutilización os veciños dese pobo víanse obrigados a camiñar sobre a calzada o que supón un enorme perigo ao facelo entre camións e turismos.
Desde o primeiro momento colaboramos para xestionar a procura dunha solución a este problema ante o Ministerio de Fomento e así trala visita a O Barco da ministra Ana Pastor o pasado 9 de outubro, e a petición do PP local que preside Moisés Blanco comprometeuse para que esta obra fose considerada dentro das actuacións de urxencia que contempla o seu Ministerio.
Así que me alegra especialmente que en poucos días comece a execución destas obras de urxencia que restableceran o paso dos peons da pasarela e así os veciños de Coedo poidan volver camiñar con tranquilidade e sen perigo.
É preciso agradecer á Ministra de Fomento a atención que lle vén prestando aos proxectos importantes de O Barco e a sua comarca.
Citar os avances para a terminación da obra de rehabilitación do túnel da Barosa, a mellóra do firme dalgúns tramos da N-120, a inclusión da Autovía A-76 no PITVI (Plan de Infraestructuras, Transporte e Vivenda) e a adxudicación do a redacción do Proxecto de Construción da Circunvalación de O Barco (conexión da N-536 coa N-120) cun orzamento de 1.069.000 €.
Seguiremos traballando, para a mellora das comunicacións viarias de Valdeorras.