miércoles, 13 de febrero de 2013

Aprobada a toma en consideración da Proposición de Lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social

O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou onte a toma en consideración de dúas Iniciativas Lexislativas Populares: a Proposición de Lei para a regulación da festa dos touros como Ben de Interese Cultural, aprobada por 180 votos a favor, 40 en contra e 107 abstencions; e a Proposición de Lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social, con 334 votos a favor e unha abstención.



Neste último debate o portavoz de vivenda do Grupo Popular, Teodoro García, subliñou que as prioridades do Goberno en materia de vivenda son claras, "protexer aos deudores hipotecarios con especial vulnerabilidade tendo en conta dúas prioridades. En primeiro lugar, que ningunha persoa sexa desafiuzada da súa primeira vivenda como consecuencia dunha ejecución hipotecaria e en segundo lugar, que ese 97% de persoas que están actualmente pagando a súa hipoteca non se vexan afectadas polas medidas antidesahaucio, porque o PP goberna para o 100% deste país".



Durante a súa intervención García sinalou que "a opción do Goberno serviu para impulsar unha normativa para paralizar os desahucios tendo como base reivindicacións cidadáns como as que hoxe estamos debatendo". "O meu grupo persegue o mesmo fin que esta iniciativa e, por iso, quixemos plasmar o seu espírito nas diversas enmendas presentadas ao Proxecto de Lei para a protección dos deudores hipotecarios", engadiu.



Dentro destas medidas, enumeró, en relación á dación en pago, que se impón ás entidades bancarias aceptala como medio liberatorio si os deudores así o solicitan; en segundo lugar, contémplase a paralización dos lanzamentos derivados das execucions por un periodo de tempo concreto, e en terceiro lugar púxose en marcha a creación dun fondo social con 6.000 vivendas, tralo acordo alcanzado con bancos, cooperativas e caixas.



Outras medidas propostas polo PP no trámite do Proxecto de Lei de protección dos deudores hipotecarios, inclúen reducir os intereses de demora; aumentar a transparencia en determinados produtos financeiros; ou impulsar o equilibrio entre as partes e maiores controis nas entidades de tasación, entre outras.

Neste sentido, Teodoro García subliñou que "é o Goberno do Partido Popular o que por primeira vez introduciu a posibilidade da dación en pago, tal e como piden os cidadáns firmantes desta iniciativa legislativa popular".

Por todo o anterior, afirmou, e "agradecendo aos promotores da iniciativa as súas achegas á acción do único goberno que lexislou para paralizar os desahucios, o PP apoiará a iniciativa lexislativa popular. Esta iniciativa non se queda ás portas do Congreso, entra neste Parlamento para ser debatida e incorporada ao texto final da Lei de Medidas Urxentes para a protección dos deudores hipotecarios", concluíu.