sábado, 16 de febrero de 2013

Aprobada a Axenda Dixital para España


Onte o Consello de Ministros aprobou a Axenda Dixital para España, que marca a folla de ruta para o cumprimento dos obxectivos da Axenda Dixital para Europa en 2015 e en 2020, e incorpora obxectivos específicos para o desenvolvemento da economía e a sociedade dixital en España.

A Comisión Europea sinala que a implantación de Axenda Dixital para Europa permitirá incrementar o PIB nun 5 por 100 durante os próximos oito anos mediante o aumento do investimento nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), a mellora da capacitación dos traballadores e o impulso á economía de Internet. A economía de Internet é creadora neta de emprego. Por exemplo, en Francia representa o 25 por 100 e en Estados Unidos, o 40 por 100 do novo emprego xerado.

A Axenda Dixital para España contén 106 liñas de actuación estructuradas en torno a seis grandes obxectivos:

1. Fomentar o despregue de redes ultrarrápidas.

2. Desenvolver a economía dixital.

3. Mellorar a administración electrónica e os servizos públicos dixitais.

4. Reforzar a confianza no ámbito dixital.

5. Impulsar o I+ D + i nas industrias de futuro.

6. Apoiar inclusión dixital e a formación de novos profesionais TIC.


A posta en marcha da Axenda se articula mediante nove plans:

- Plan de telecomunicacions e redes ultrarrápidas para fomentar o investimento eficiente en novas redes de banda ancha. O plan ten entre os seus obxectivos principais para 2015, incrementar a cobertura de redes de fibra óptica ata o 50 por 100 da poboación e que, polo menos, un 5 por 100 dos fogares contraten servizos de banda ancha superiores a 100 Mbps.

- Plan de TIC en PYME e comercio electrónico orientado a maximizar as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar a productividade e competitividade. Entre os obxectivos do plan a 2015 atópanse que o 40 por 100 das PYME incorporen a factura electrónica, que o 33 por 100 das PYME compren e vendan a través de Internet e que o 50 por 100 da poboación realice compras a través de Internet.

- Plan integral para a industria de contidos dixitais para aproveitar o seu potencial de crecemento e impulsar a economía. Perséguese un incremento dun 20 por 100 na facturación do sector no periodo 2011-2015 (as aplicacións móbiles, publicidade on-line, cine de animación dixital, videoxogos, música, cine, libros).

- Plan de Internacionalización de Empresas Tecnolóxicas para fomentar a súa presenza internacional e incrementar nun 30 por 100 as exportacións do sector TIC no periodo 2011-2015.

- Plan de Acción de Administración Electrónica da Administración Xeral do Estado para maximizar a eficiencia da Administración mediante as TIC e o uso dos servizos de Administración Electrónica nun 50 por 100.

- Plan de Servizos Públicos Dixitais para continuar impulsando a dixitalización da Xustiza, a Saúde e a Educación Dixital.

- Plan de confianza no ámbito dixital para xerar sistemas de seguridade e confianza para o usuario. A ciberseguridade é un elemento fundamental para impulsar o comercio electrónico e a economía dixital. O obxectivo é aumentar do 50 por 100 ao 70 por 100 a porcentaxe de usuarios que confía moito ou bastante en Internet en 2015.

- Plan de desenvolvemento e innovación do sector TIC para aproveitar o potencial de crecemento e de creación de emprego das industrias de futuro como a computación na nube (Cloud Computing), as cidades intelixentes (Smart Cities) e o tratamento masivo de datos (Big Data).

- Plan de inclusión dixital para conseguir que máis do 75 por 100 a poboación use Internet con regularidade en 2015 e para aproveitar as posibilidades da banda ancha móbil, establecendo como obxectivo un 75 por 100 de penetración da banda ancha móbil entre os usuarios de telefonía.