Rematou o Debate do Estado da Nación que ao xuizo dos deputados galegos do PP serviu para demostrar que Mariano Rajoy, tal e como el mesmo dixo onte no seu discurso, non deixará de facer nada do que sexa necesario ata que España estea recuperada.
Os populares compartimos a idea de Rajoy de que ata agora tivo que dedicar todos os esforzos e a enerxía a corrixir desequilibrios e desandar o mal camiño andado e estáamos satisfeitos polo feito de que o Goberno que preside estea dando os pasos necesarios para superar a crise.
Cabe subliñar que o anuncio do titular do Executivo de que mobilizará case 45.000 millóns de euros para mellorar a situación das empresas, especialmente das pequenas e medianas, é unha gran noticia para as empresas galegas, igual que o feito de que non teñan que pagar o IVA polas facturas non cobradas si manexan un volume de negocio inferior aos dous millóns de euros ao ano.
Celebramos especialmente a presentación da Estratexia de Emprendimento e Emprego Novo 2013-2016, que incluirá bonificacions nas cotas á Seguridade Social das empresas cando contraten a menores de 30 anos ata que a taxa de paro non baixe do 15%, desde o 26% actual, e que supón un punto de esperanza para centos de mozos galegos que intentan atopar un traballo.
Resaltar tamén a importancia do esforzo inversor levado a cabo en Galicia polo Goberno de Rajoy no seu primeiro ano de mandato, que non se materializou exclusivamente en materia de infraestructuras, senón tamén en medidas de apoio aos principais sectores produtivos galegos e en leis de transcendencia como a Lei de Costas.
O propio Rajoy recordou hoxe, respostando ao BNG, que as axudas directas ás explotacións de productores de vacuno de leite (31 millóns de euros, unha media de 1.400 euros por explotación que se eleva ata os 2.400 en explotacións das consideradas prioritarias), así como os esforzos por regular a función da cadea alimentaria e o fondo de cooperativas.
Rajoy dedicou ademais unha atención especial ao sector pesqueiro, do que recordou que o seu Executivo preocupouse especialmente defendendo en Bruxelas a necesidade de axudas directas a armadores e pescadores por paralización temporal da flota no caladeiro de Mauritania. Precisamente, en relación con Mauritania Rajoy insistiu en que si o convenio fora asinado así, conscientes de que prexudica os intereses españois e galegos, o seu Goberno denunciarao ante a Comisión Europea.
Rajoy destacou a importancia das infraestructuras como elemento para a cohesión territorial e neste sentido recordou hoxe que nos orzamentos xerais do 2013 o goberno destinou a Galicia 1.309 millóns de euros en investimentos. Especialmente referiuse aos 64 millóns presupostados para terminar os dous tramos pendentes da A-8, unha estrada que o presidente do Goberno cualificou de vital para a vertebración de Galicia e absolutamente prioritaria para o seu Executivo.
Os deputados galegos do PP entendemos que os galegos teñen motivos para confiar na disposición de Mariano Rajoy e de todo o seu goberno para traballar polos principais problemas de Galicia.