Os vindeiros días 20 e 21 de febreiro no Congreso dos Deputados celebraremos o Debate de Política Xeral sobre o Estado da Nación, o vixésimo terceiro desde a aprobación da Constitución e primeiro da X Lexislatura.
O Goberno rexistrou a súa comunicación para o Debate sobre o Estado da Nación de 2013 que, nesta ocasión, celebrarase de forma acumulada coa comparecencia a petición propia do Presidente do Goberno ante o Pleno da Cámara para informar sobre o Consello Europeo celebrado os días 7 e 8 de febreiro.
O Debate, que se rexe de acordo co disposto nos artigos 196 e 197 do Regulamento da Cámara, comezará o mércores, ás 12:00 horas do mediodía, coa presentación da comunicación do Goberno por parte do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, sen límite de tempo.
Trala súa exposición, suspenderase a sesión, que se renovará pola tarde, ás 16:00 horas, para que tomen a palabra os representantes dos grupos parlamentarios.
A distribución de tempos establecida pola Xunta de Portavoces da Cámara, na súa reunión do día 14 de febreiro, para o debate conxunto, é a seguinte:
- Unha primeira intervención dun máximo de 35 minutos para cada grupo parlamentario, por orde de maior a menor importancia numérica, con excepción do grupo parlamentario Popular, que o fará en último lugar.
- Unha quenda de réplica dun máximo de 10 minutos para cada grupo, segundo a orde anterior.
O Presidente do Goberno poderá contestar aos grupos parlamentarios de xeito illado ou conxunto sen límite de tempo.
A sesión continuará o xoves, día 21 de febreiro, ás 9:00 horas, coa intervención dos grupos parlamentarios que non o fixeron na xornada anterior.
Propostas de resolución
Unha vez concluído o Debate, e de acordo co artigo 197 do Reglamento do Congreso, abrirase o prazo para a presentación de propostas de resolución. Os grupos parlamentarios poderán presentar ata un máximo de quince.
O Debate sobre o Estado da Nación poderá seguirse en directo a través de Canle Parlamento e no enlace de Congreso en Directo, que ofrecerá a sesión catalogada e con posibilidade de descarga posterior do debate completo ou por intervencións. En ambos casos, as persoas con discapacidad auditiva poderán acceder á interpretación en Lingua de Signos, que se realiza desde 2002.