Esta tarde estiven na Comisión de Facenda e Administracións Públicas do Congreso dos Deputados, na que o presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), Ramón Aguirre, compareceu para falar de Navantia.
Aguirre informou sobre a complexa situación que chegou a atopar en Navantia tras sete anos sen contratos", e advertiu de que, de non corrixirse, "podería chegar a ser crítica, o que provocaría ter que apelar a financiamento externo e a unha posible reestructuración patrimonial.
Anunciou que Navantia puxo en marcha un "ambicioso" plan de competitividade para lograr a sua viabilidade. Un plan que contempla diversas medidas como a reorganización orgánica da empresa, a fortaleza da unidade comercial -que triplicou o número de efectivos-, ou a apertura de diversas oficinas comerciais estables no exterior
Falou o presidente da SEPI da negociación dun novo convenio colectivo que busque a estabilidade dos postos de traballo pero que asuma a situación crítica que atravesa a empresa e estea vinculado á procura de competitividade.
Subliñou tamén que Navantia actualmente operaba no mercado cuns prezos un 15 % superiores aos dos seus principais competidores, e ata un 50 % por encima dos que ofertan os países asiáticos.
Aguirre na liña de impulsar a competitividade falou da recuperación de actividades abandonadas a través da diversificación e a ampliación a novas liñas de negocio, coa Armada española, a apertura aos mercados militares internacionais, o fomento do área de sistemas e de reparacions, ou a aposta renovada polo sector civil e o eólico.
En canto ao contrato de PEMEX-PMI, Ramón Aguirre explicou que desde a firma con PMI en setembro de 2012, houbo ata cinco visitas a México, aportandonse os avais técnicos necesarios e cumpríronse os requerimientos correspondentes a Navantia para a entrada en vigor do contrato, á espera do visto bo definitivo por parte do cliente para comezar a operación.
Tamén fixo referencia á construción do dique flotante, sinalando que xa se está traballando no expediente para realizar unha consulta formal a Bruxelas sobre o dique flotante e o levantamento das restricciones impostas no ano 2005. Engadiu que se iniciaron as xestións e os traballos correspondentes para explorar e levar a cabo os trámites necesarios.
En canto á revisión da restricción civil, explicou que Navantia está traballando de forma conxunta en feitos novos relevantes e de natureza excepcional para levantar o veto tal e como establece a Comisión Europea, como son o elevado nivel de desemprego en Ferrol e San Fernando, a destrución do tecido industrial, o incremento do número de persoas por baixo do limiar da pobreza e a existencia de restricciones financeiras na Administración pública.
Por parte do GPP a deputada coruñesa Tristana Moraleja acusou ao Goberno socialista de deixar Navantia á deriva e de non haberse anticipado ao fin da carga de traballo prevista condenando aos astilleros españois a unha situación complicada.
A deputada popular subliñou que o feito de non conseguir ningún contrato importante, xunto á realidade de que os que se estaban executando chegaban ao seu fin, supuxo que a carga de traballo descendese exponencialmente.
Moraleja agradeceu o esforzo levado a cabo polo PP desde a súa chegada ao Goberno para investir esta tendencia e destacou, por exemplo, a cantidade de accións comerciais que se puxeron en marcha nesta etapa, máis de 60 accións comerciais en máis de 30 países.
Agradeceu que o presidente de Sepi, Ramón Aguirre, confirmara non só a existencia dos contratos con Pemex subscritos grazas á mediación política da Xunta, senón tamén que as tres cláusulas de cumprimento de Navantia están xa coroadas e foron feitas a satisfacción do armador antes do 31 de decembro. Uns contratos que abren as portas á colaboración coa cuarta petrolera do mundo, cunhas necesidades para os próximos anos, confirmadas pola propia empresa, de máis de 400 buques de distintas características, e iso é o importante para Galicia, paliar a descendente carga de traballo, precisou Moraleja.
En relación ao dique flotante de Ferrol, Tristana Moraleja acusou aos socialistas de oportunismo e recordoulles que cando gobernaba o Partido Socialista e no Congreso suscitouse a posibilidade de construír un dique flotante xa se dixo que “as obras no dique non poden ser financiadas polos PGE”, en alusión a unha resposta da entón vicepresidenta do Goberno Elena Salgado a unha interpelación do BNG en xuño de 2011, que tamén recordou o presidente da Sepi.
Moraleja asegurou ter constancia de que Navantia e a Sepi estaban tomado este asunto con interese, como o demostran as distintas reunións que se celebraron cos axentes sociais - a última o pasado día 4 deste mes na Delegación de Goberno de Galicia- e recordou que nesta reunión acordouse:
1- Realizar unha consulta formal á Comisión Europea sobre as posibilidades de financiamento público do dique.
2- Avanzar na proposta que a Xunta de Galicia puxo encima da mesa, respecto de a posibilidade de que esta infraestructura puidésese levar a cabo por un pool de inversores público-privado.
3- Levar a cabo xestións encamiñadas ao levantamiento do veto sobre a construción naval civil que pesan sobre os astilleros públicos.
E rematou decindo que o GPP ofreceu todo o seu apoio para que estas accións cheguen a bo porto.
Despois desta comparecencia chego a conclusión de que os responsables xestores de Navantia deben intensificar os esforzos para acadar novos pedidos, mellorando moito a sua política comercial. E que por outra banda a SEPI debe traballar diante da Comisión Europea na prcoura de buscar formulas xurídicas e financieiraas, que permitan construír o dique que permitiría gañar en carga de traballo a Navantia Ferrol.
Neste sentido compre resaltar o compromiso recente da Xunta de Galicia que por primeira vez puso diñeiro -5 millóns de euros consignados para tal fin nos orzamentos autonómicos - para un dique flotante dun asteleiro público cento por cento do Estado.