Precisamente a Manuel Niño formuleille unha pregunta sobre as actucions que executa o Goberno para impulsar a liña de alta velocidade Olmedo-Lubián-Ourense.
No miña intervención defendín a necesidade irrenunciable de culminar a liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia afirmando que esta conexión é de vital importancia para o transporte ferroviario español e estratéxica para o desenvolvemento e o futuro de Galicia.
Tras recordar que Sevilla conta con conexión con Madrid por AVE desde 1992, Zaragoza e Lleida desde 2003, Córdoba, Málaga e Valladolid desde o 2007, Barcelona desde 2008, Valencia desde 2010 e á fronteira francesa en 2013, recoñecín o importante esforzo inversor na liña a Galicia que realizou o Goberno do PP desde a súa chegada, malia a situación de crise herdada, que, condicionou e condiciona o avance das infraestructuras deseñadas.
Afirmei que queremos que chegue o Ave a Galicia cos mesmos estándares de calidade que o resto de AVES, porque "os galegos non somos máis que ninguén pero tampouco menos".
Deixei claro que estamos nun momento crave e fundamental para optimizar os recursos públicos, aínda que recordei que tamén que a construción de todas as liñas de AVE prolongáronse no tempo e pillaron distintas épocas de bonanza económica e de crise e, pese a iso, hoxe son unha realidade.
O Secretario Xeral respondeu que o AVE a Galicia é unha infraestructura estratéxica na vertebración territorial e cohesión social, que mellorará as conexións entre Galicia (rexión periférica) e as rexións centrais do país.
Ademais, dixo que o proxecto do AVE a Galicia está incluído entre os proxectos que forman parte da rede básica transeuropea e que por este motivo, no último ano realizouse un gran impulso a esta liña.
En 2012 hanse licitaron as obras de sete tramos de plataforma por importe de 927,4 M€, os cales xa están en obras por un importe de 662 M€.
Tamén se licitaron e adxudicaron as obras da estación de Zamora (fase 1) por 2,6 M€, e contratos de suministros de materiais (travesas, desvíos e carril) por importe de 101,8 M€.
En 2012 tamén se adxudicaron 1.130,2 M€ de diversos contratos que estaban pendentes de adxudicar desde o ano anterior. En total producíronse adjudicaciones neste corredor por valor de 1.927 M€ ao longo do 2012.
E para este ano 2013 destínanse nos PGE 889,7 M€ a esta liña, dos que case 500 M€ son en Galicia.
Dixo que mentres cidades como Barcelona, Sevilla e Valencia están a 2h 30 min, 2h 20 min e 1h 35 min respectivamente, tempos moi competitivos. Outras zonas como Galicia non: por exemplo a conexión de Madrid con Ourense realízase en 4h 51 min, con Santiago en 5h 26 min, coa Coruña en 5h 59 min, ou con Vigo en 6h 29min.
Terminou dicindo que a nova infraestructura de alta velocidade na que estamos traballando permitirá que as principais cidades galegas estean conectadas con Madrid en tempos similares a Barcelona, Valencia e Sevilla. Unha vez se completen as obras estímase que os tempos de percorrido entre Madrid e Ourense, Santiago, A Coruña e Vigo estean contorna ás 2h 10 min, 2h 40 min, 3h 05 min e 2h 55 min respectivamente.
Engadiu que en paralelo á construción da liña de Alta Velocidade seguimos traballando co obxecto de paliar esta desigualdade. Desde xuño do ano pasado iniciouse a prestación de servizos entre Madrid-Galicia, mediante trens híbridos, que permitiu unha redución de tempos de viaxe en torno a 25-30 minutos nos servizos entre Madrid e Zamora, Ourense, Santiago e A Coruña e de entre 50 e 60 minutos nos servizos entre Madrid e Pontevedra e Vigo.
Concluíu afirmando que o AVE a Galicia é un compromiso do Goberno.
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/GenericPopUp?next_page=/wc/verEmisionAudiovisual&idOrgano=327&idSesion=17&fecha=20/03/2013&secuencia=537578&legislatura=10
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/GenericPopUp?next_page=/wc/verEmisionAudiovisual&idOrgano=327&idSesion=17&fecha=20/03/2013&secuencia=537578&legislatura=10
http://www.congreso.es/public_oficiales/L10/CONG/DS/CO/DSCD-10-CO-288.PDF