Onte e hoxe estiven en Expourense visitando a XANTAR que acadóu a súa decimocuarta edición consolidandose como unha plataforma de promoción da calidade do sector primario e da gastronomía galega.
No referente á restauración Xantar ofreceu en cinco días, en horario de 12 da mañá a 1 de noite, 19 restaurantes con maís de 30 menús comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade.
Xantar foi tamén punto de encontro dos recursos turísticos das rexións participantes no salón. Sen saír do recinto feiral, o visitante poudo coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, gastronómicos, dos distintos puntos xeográficos promovidos por organismos públicos (concellos, deputacións, padroados de turismo, etc.) que acoden a esta cita procedentes de toda España e Portugal.
Nesta edición XANTAR reforzou tamén os seus lazos con Perú, abríndose novas vías de negocio para fomentar a cooperación iberoamericana creando redes turísticas e culinarias sostibles que poden supoñer novas oportunidades para as empresas galegas.
Tanto para profesionais como para público en xeral organízaronse actividades como conferencias, presentacións literarias, exposicións de arte, obradoiros didácticos, cursos de cata e degustacións gratuítas, entre outras moitas.
Noraboa a Alejandro Rubín e ao seu eficiente equipo polo éxito desta edición de Xantar que medra pese a crise.