miércoles, 27 de marzo de 2013

Sobre as enmendas á Proposición de Lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social



Onte expirou o prazo para que os Grupos Parlamentarios puidesen presentar enmendas á Proposición de Lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social.


O GPP insistindo no seu compromiso de loitar contra o drama dos desafiuzamentos con medidas concretas presentou unha ampla batería de enmendas no Cogreso dos Deputados. 

Salientar que o Partido Popular dialogóu con todos os partidos no Parlamento e cos axentes sociais e aceptou a trámite a Iniciativa  Lexislativa Popular contra os desahucios avalada cun millón de firmas. 

- As enmendas presentadas polo GPP buscan reforzar a seguridade xurídica e cumpren coa  recente sentenza dictada polo Tribunal de Xustiza da Unión de Europea de Estrasburgo  relativa a cláusulas abusivas.  

- Posibilítase que o deudor deteña a execución hipotecaría no caso de denunciar nun xulgado a existencia de clausulas abusivas. 

- Concédese rango de lei ás execucións hipotecarias extraxudiciais de forma que se poida paralizar  ante notario. 

- Se amplía dun a tres meses o impago da hipoteca para que se poña en marcha a execución. 

- Establécese un prazo máximo de dez días para que o xuíz dea audiencia e ditamine cando se detecten clausulas que poidan ser abusivas. 

- Imponse un límite máximo aos intereses de demora do 12%, con efecto  retroactivo. 

- Elévase o limiar de ingresos que dá dereito a acollerse ao Código de Boas prácticas de 16.000 a 25.000 si hai discapacitados ou dependentes; 19.000 en caso contrario. 

- Impídese que o prezo de poxa do inmuebles sexa inferior ao 75% do seu tasación. Crearase un fondo social de vivendas de aluguer a prezos baixos destinado ás familias que xa perderon as súas casas. 

En definitiva as enmendas do GPP  buscan o equilibrio entre as posicións do deudor e do acreedor sen afectar á  seguridade xurídica. 

E queren atender a unha situación dramática de moitas persoas, á vez que preservar  os lexítimos intereses das familias que teñen os seus aforros en entidades  financeiras. 
Unha vez estudiadas as enmendas de todos os Grupos Parlamentarios, o seguinte trámite será o traballo de relatorio e logo o debate e a aprobación con competencia legislativa plena e polo procedemento de urxencia, pola Comisión de Economía e Competitividade.