Onte reuniuse o Consello de Política Fiscal e Financeira baixo a presidencia do ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, quen destacou o gran esforzo das CCAA na redución do déficit durante 2012 e o seu compromiso coa estabilidade presupuestaria.
Sinalou quea redución do déficit do conxunto de comunidades autónomas ao 1,73% do PIB foi un un logro sen precedentes que demostra a fiabilidade e viabilidade do Estado das Autonomías; un avance tanxible e real para lograr a credibilidade necesaria e resaltou que detrás se atopa o esforzo da sociedade.
En canto á nova senda de corrección do déficit público, o ministro advertiu que non se pode falar dun novo reparto do déficit porque España non ten aínda unha nova senda da Comisión Europea.
Ademais na reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira creáronse tres grupos de traballo: sobre o funcionamento do actual sistema de financiamento autonómico, a aplicación dos obxectivos de estabilidade e de débeda para cada unha das CCAA, así como para reducir trabas administrativas e evitar duplicidades.
Igualmente, informouse sobre a execución dos plans de reordenación do sector público autonómico e así coñecemos que as Comunidades cesaron a actividade de 477 entidades autonómicas (empresas, consorcios e fundacions, principalmente) das 525 que se comprometeron a pechar.
Isto supón que o 90,86% das entidades están xa disoltas ou na fase previa á súa extinción e, xa que logo, sen actividade.
A esta reunión asistiu a conselleira de Facenda de Galicia, Elena Muñoz Fonteriz, quen manifestou estar a favor de analizar a posibilidade de fixar un déficit diferenciado para cada comunidade autónoma, pero a condición de que non se prexudique ás Comunidades cumpridoras.
E por iso votou a favor da creación deste grupo de traballo no que se analizarán criterios diferentes ao actual para a fixación do obxectivo de déficit das comunidades autónomas.
Compre resaltar que a aposta pola estabilidade financeira da Xunta estase a cumprir logo de ser en 2011 unha das comunidades con menor déficit público e de pechar 2012 cun déficit do 1,19% do PIB, que fixo que Galicia cumprise co obxectivo de estabilidade do 1,5% marcado polo Goberno central.
Galicia está entre as comunidades con menos déficit –inferior en máis de cinco décimas á media do conxunto das autonomías–, asegurou que os niveis de endebedamento axústanse á porcentaxe aprobada cada ano polo Consello de Política Fiscal e Financeira. Isto permitiu reducir a ratio débeda/PIB, que en 2008 se situaba tres décimas por enriba da media das autonomías e que agora está 2,6 puntos por debaixo.