lunes, 25 de marzo de 2013

Sobre o contrato "Xeracións"


Dedico unhas liñas a comentar o denominado contrato "Xeracións" presentado fai ben poucos días pola ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, que consiste nun moi interesante incentivo á contratación de persoas con experiencia para a súa incorporación a novos proxectos de emprendimiento novo. 

Trátase de estimular a contratación indefinida por parte dos mozos autónomos dun desempleado maior de 45 anos que poida ofrecerlle a experiencia necesaria para procurar o éxito empresarial. Deste xeito, incorpórase a experiencia desas persoas aos proxectos dos mozos autónomos. 

Este modelo de contrato está destinado aos autónomos de ata 30 anos de idade, que non teñan traballadores contratados con carácter previo á suscripción do contrato e poderán beneficiarse os traballadores parados de 45 anos ou máis, de longa duración (a partir de 12 meses de desemprego) ou que sexan beneficiarios do Plan Prepara. 

O incentivo que ofrece consiste nun contrato indefinido a tempo completo ou a tempo parcial, cunha redución da cota da empresa á Seguridade Social por contingencias comúns do 100% durante o primeiro ano de contrato. 

Esta medida será aplicable ata que a taxa de paro sitúese por baixo do 15%.