A vindeira semana será intensa no Congreso. O martes pola mañá, desde as 10,00 horas presidirei a Comisión de Fomento para recibir a comparecencia da Secretaria Xeral de Transporte do Ministerio de Fomento, Carmen Librero, para informar sobre o Plan de Racionalización do Transporte Ferroviario aprobado polo Consello de Ministros o día 28 de decembro de 2012.
E si é posible cando termine asistirei á Comisión de Economía e Competitividade, da que son vocal, para así escoitar do Ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, as explicacións sobre os últimos pasos da recapitalización financeira.
O Pleno comezará o martes, día 12, ás 16,00 horas, co debate de tóma en consideración da proposición de lei presentada polo Grupo Socialista para a creación dun Fondo para o emprego nas Pequenas e Medianas Empresas e para Emprendedores.
Logo debateremos as proposicións non de lei de CiU pola que se insta ao Goberno á aprobación dun Plan de choque para a creación de emprego; e de IU, ICV-EUiA, CHA sobre creación dunha auditoría da débeda pública e dunha comisión que determine os criterios económicos e sociais cos que poder cualificar como odiosa parte da débeda.
Para rematar, o martes debateranse e votarán as mociones consecuencia de interpelaciones urxentes de ERC (Grupo Mixto), sobre o impacto económico e fiscal da legalización da produción e o consumo de cannabis; do Grupo Socialista sobre as intencións do Goberno respecto da reforma do sistema educativo; e de UPyD sobre as medidas legais necesarias para perseguir a corrupción política, tipificando como delito o financiamento ilegal dos partidos políticos, o delito de enriquecimiento inxusto dos cargos públicos e reforzando os instrumentos xurídicos para esixir responsabilidades aos xestores públicos.
O mércores reanudarase o Pleno ás 9,00 horas coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacions urxentes.
O xoves, tamén a partir das 9,00 horas, debaterase o Real Decreto-Lei 3/2013, de 22 de febreiro, polo que se modifica o réxime das taxas no ámbito da Administración de Xustiza e o sistema de asistencia xurídica gratuita; e o 4/2013, de 22 de febreiro, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego.
Así mesmo, veranse distintos dictames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre convenios internacionais, e celebrarase o debate de totalidade do proxecto de lei polo que se modifica a Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres.
Tamén se decidirá sobre a tramitación directa e en lectura única do Proxecto de Lei Orgánica sobre o proceso de renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, pola que se suspende a vixencia do artigo 112 e parcialmente do 114 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.
Doutra banda, o Pleno votará o último dictame da Comisión do Estatuto dos Deputados sobre a declaración de actividades dos parlamentarios, e o dictame elaborado polo mesmo órgano achega do suplicatorio formulado en relación cun deputado.
Finalmente, votarase a elección de deputados para a Comisión de Control dos Créditos destinados a Gastos Reservados, de acordo coa Resolución da Presidencia do Congreso dos Deputados sobre segredos oficiais, de 11 de maio de 2004, que establece unha maioría de tres quintos da Cámara.