O Consello de Ministros aprobóu hoxe a remisión á Unión Europea e á Comisión Europea do Programa Nacional de Reformas 2013 e da actualización do Programa de Estabilidade de España 2013-2016. Ambos documentos recollen a estratexia de política económica para os próximos anos.
Neles faise un diagnóstico da situación que atravesa a economía española, establécese un escenario realista para os próximos anos e fíxanse as medidas a adoptar. O obxectivo é perseverar na corrección dos desequilibrios e sentar as bases da recuperación e a creación de emprego, que chegarán en 2014.
As previsións presentadas hoxe sitúan para o ano que vén a saída da recesión, cun crecemento económico do 0,5%, fronte a unha caída do 1,3% este ano. A revisión á baixa do crecemento en 2013 inscríbese dentro das actualizacións periódicas habituais. Responde, sobre todo, a un peor contexto internacional e está en liña coas revisiónss de organismos como o FMI ou a Comisión Europea. Este escenario é compatible cun perfil de suave desaceleración nas taxas intertrimestrais negativas no que queda de ano e o inicio do relanzamento da actividade a principios de 2014.
A recuperación económica prevista susténtase no sector exterior, xa que a demanda interna tardará en realizar unha achega positiva ao crecemento. Mentres o consumo privado se estabiliza en 2014 e empeza a rexistrar taxas positivas nos dous anos posteriores, o sector de Administracións rexistra variacións á baixa como consecuencia da necesaria consolidación fiscal. O investimento (formación bruta de capital fixo) despega en 2015 e crece con forza (4,3%) un ano despois.
A demanda externa mantén unha achega positiva ao crecemento. Este ano aportará 2,4 puntos ao PIB nunha senda descendente ata 2016, sobre a base de que a demanda interna tomará progresivamente a substitución. O obxectivo é conseguir un patrón de crecemento máis equilibrado. Durante estes anos manterase a puxanza das exportacións, ata crecer un 7,1% en 2016, o que reflicte as fortes ganancias de competitividade da economía española.
Tamén as importaciones evolucionan ao alza, en paralelo coa recuperación da economía. España rexistrará xa este ano capacidade de financiamento fronte ao resto do mundo (1,9 puntos do PIB), o que supón un cambio de signo respecto da situación máis recente e alcanzar uns niveis nunca logrados na economía española. Trátase da corrección dun desequilibrio necesario para superar a recesión, xa que implica que España está reducindo de forma considerable a súa posición deudora fronte ao exterior.
Esta mellora percibirase sobre todo no sector privado e permitirá amortizar débeda e financiar gastos de consumo e investimento. As previsións sobre evolución do emprego indican que se desacelera a destrución de postos de traballo, ata alcanzar taxas positivas en 2015. Estes datos, medidos en media anual, son compatibles cun perfil de cambio de tendencia xa o ano que vén, con taxas intertrimestrais positivas.
A recente reforma laboral e a maior flexibilidade no mercado de traballo permitirán á economía española continuar con melloras de competitividade derivadas da moderación de custos e prezos. O obxectivo é que a economía española cre máis emprego en relación ao PIB que en anos anteriores. A taxa de paro flexiona en 2014 (ata o 26,7% da poboación activa), para situarse por baixo do 25% en 2015.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.
Recibirá resposta. Grazas.