Hoxe coñecemos os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2013.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro registrado en marzo en relación co mes anterior en 149 persoas, un descenso do 0,47 %.
O numero de parados queda en 31.762, deles 15.573 son homes e 16.189 mulleres, 29.314 son maiores de 25 anos e 2.448 menores.
Por sectores, 1.414 son da agricultura, 4.483 da industria, 4.864 da construción, 18.268 nos servicios e 2.733 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual o paro rexistrado medrou en Ourense en 897 persoas, un 2,91 %, que é inferior ao dato autonómico do 5,20 % e ao nacional do 5,99 %
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixou en 1.636 persoas con respecto a febreiro (un - 0,56 %). O numero de parados queda en 291.187, deles 144.024 son homes e 147.163 mulleres, 270.405 son maiores de 25 anos e 20.782 menores.
Por sectores, 9.652 son da agricultura, 40.891 da industria, 47.249 da construción, 170.188 nos servicios e 23.207 do colectivo sen emprego anterior.
O paro baixou en Galicia no mes de marzo, en todas as provincias. Cinco veces máis que no resto de España. Descende nun -0,56% mentres no conxunto de España a baixada é do -0,10%.
Somos a terceira comunidade onde máis baixa o paro e o noso descenso está por riba da media. Desde 2008 o paro non baixaba nun mes de marzo.
Galicia mellorou, ademais, o seu comportamento interanual, que se sitúa nun 5,20% este mes. Este dato supón que, nun ano, Galicia mellorou en case seis puntos (en marzo de 2012 aumentaba nun 11,05%) a súa evolución interanual e inverteu a situación con respecto a España.
España:
O paro baixou en marzo en 4.979 persoas, un – 0,10 % %. Queda situado en 5.035.243 persoas. Deles 2.506.091 son homes e 2.529.152 son mulleres, 4.555.531 son maiores de 25 anos e 479.712 menores.
Por sectores, 214.497 son da agricultura, 554.037 da industria, 761.458 da construción, 3.126.440 nos servicios e 378.811 do colectivo sen emprego anterior.
Trátase do primeiro descenso do paro nun mes de marzo desde 2008 e contrasta significativamente co dato de 2012, no que aumentou en 38.769 persoas.
Así mesmo, en términos desestacionalizados o paro rexistrado situouse en 4.857.929, o que supón 6.212 parados menos que os rexistrados en febreiro. No mesmo mes do ano 2012 o paro desestacionalizado aumentou en máis de 34.000 persoas.
Respecto de marzo de 2012 o paro incrementouse en 284.376 persoas, un 5,99%. Este mes acentúase a tendencia de freo no ritmo do paro rexistrado e desde maio de 2012 a taxa interanual reduciuse máis de 6 puntos e situouse por baixo do 6% no mes de marzo.
Por sectores de orixe dos traballadores en desemprego, pode destacarse que a disminución nos traballadores procedentes do sector servizos ten sido de 15.822 persoas, un 0,50%. Entre os desempregados da agricultura e pesca, o paro rexistrado aumenta en 3.331 persoas (1,58%). A industria experimenta un aumento de 1.638 persoas (0,30%) mentres que o paro entre os traballadores procedentes da construción increméntase en 772 persoas (0,10%). Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior o paro aumenta en 5.102 persoas (1,37%)
Tamén cabe destacar que o paro entre os mozos menores de 25 anos ao longo dos últimos 12 meses diminuíu en 29.167 persoas o que supón un 5,73% de caída interanual.
O paro rexistrado tivo baixada en 9 Comunidades Autónomas, entre as que destaca en Illes Balears (-3.371), Comunidade Valenciana (-2.232) e Galicia (-1.636). Sobe, con todo, no resto das comunidades, encabezadas por Madrid (1.712) e País Vasco (1.335).
En canto aos datos por provincias, o desemprego descende en 30, entre as que destacan: Illes Balears (-3.371), Málaga (-1.623) e Alacante (-1.414). Sobe, pola contra, en 22, encabezada por Jaén (1.873) e Madrid (1.712).
Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.