martes, 30 de abril de 2013

Avances na ampliación da EDAR de O Barco de Valdeorras


Destacar que onte o presidente da Confederación do Miño-Sil, Francisco Marín, e o alcalde de  Barco de Valdeorras, Alfredo García, formalizaron o convenio de colaboración para o financiamento, execución, entrega e formalización da encoménda de xestión para o mantemento e conservación da ampliación da EDAR deste Concello. 

O acto, celebrado na sé da Subdelegación do Goberno en Ourense, contou coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta, Agustín Hernández, entre outras autoridades. 

O custo global da actuación é de 1,5 millóns de euros, dos que o Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con fondos Feder, aportará 1,2 millóns, mentres que o Concello de O Barco de Valdeorras costeará os 300.000 euros restantes. O obxecto do proxecto é executar as obras necesarias para mellorar as condicións da estación depuradora existente, que dá servizo a preto de 14.000 habitantes. 

Garantirase así o cumprimento dos parámetros de vertido establecidos na resolución da autorización de vertido que expidió, no seu día, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. 

Actualmente estase redactando o proxecto constructivo que, unha vez supervisado, someterase a información pública. As obras mellorarán e ampliarán a capacidade de pretratamento da actual EDAR e modernizarán o equipamiento do tratamento secundario, encargado de eliminar o nitróxeno e o fósforo do auga. Ademais contemplan tamén a reparación estructural do reactor biolóxico, danado por un asentamiento dunha das zapatas. 

Unha moi boa noticia para Valdeorras.