martes, 2 de abril de 2013

Respaldo dos deputados galegos do PP no Congreso a Núñez Feijóo

Hoxe os deputados galegos do PP no Congreso difundimos una nota de prensa na que manifestamos total respaldo ao presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e na que lamentamos que os partidos da oposición en Galicia crean que “todo vale” en política.


Para nos, o feito de que tras máis dun mandato á fronte da Xunta ninguén poida criticar ningún tipo de actuación irregular e teñan que valerse dunhas fotos de fai vinte anos para intentar danar a imaxe de Núñez Feijóo “demostra que a xestión do presidente da Xunta é exemplar e está limpa de calquera dúbida”.


Os parlamentarios do PPdeG no Congreso estamos seguros de que os galegos, como demostraron noutras ocasións, “non se deixarán manipular polas mentiras e saberán detectar que estamos ante unha campaña de desprestixio orquestada”.


Na nota recordamos que:” Hai moi poucos meses os electores apoiaron a xestión de Feijóo e valoraron que situase a Galicia nunha mellor posición que outras autonomías fronte á crise por iniciar antes que ninguén a austeridad e o control de déficit público e nesta ocasión tamén saberán poñer a cada un no seu sitio”.


A oposición en Galicia “intenta derribar con insidias a quen non foron capaces de gañar nas urnas”, e recordamos o histórico retroceso dos socialistas na pasada convocatoria electoral autonómica.


Consideramos que os partidos da oposición en Galicia son oportunistas por intentar desacreditar a Núñez Feijóo nun momento no que a valoración dos líderes políticos está moi cuestionada e queren aproveitar o río revolto para atacar a Feijóo, amosando que carecen de motivos políticos para pedir a súa dimisión intentando sementar dúbidas sobre a sua xestión cando non hai nada irregular.


Rematamos a nota expresando sentirnos orgullosos da xestión de Feijóo á fronte da Xunta, e subliñando que “si os políticos queremos que os cidadáns crean no noso traballo debemos ser os primeiros en sinalar a aqueles que fan algo mal e distinguilos daqueles que non o fan, como sempre fixo o noso presidente e seguiremos facendo todos nós”.


Eloxiamos tanto a celeridade como a transparencia coa que Feijóo deu explicacións sobre as fotos publicadas, así como o feito de que vaia a comparecer no Parlamento galego. “Cando uno non ten nada que esconder non ten problema en dicir a verdade”, destacamos.


Finalmente sinalamos que: “Sentímonos moi ben liderados por un presidente centrado, recto e responsable, ademais dun eficaz xestor”.

http://www.20minutos.es/noticia/1775032/0/

http://www.europapress.es/nacional/noticia-diputados-gallegos-pp-madrid-respaldan-feijoo-lamentan-oposicion-crea-todo-vale-politica-20130402175243.html