martes, 23 de abril de 2013

Abrobada a Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres

Hoxe presidin a Comisión de Fomento que aprobou con competencia lexislativa plena, o Proxecto de Lei polo que se modifica a Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres e tamén o dictame do Proxecto de Lei Orgánica polo que se modifica a Lei Orgánica 5/1987, de 30 de xullo, de Delegación de Facultades do Estado nas Comunidades Autónomas en materia de transportes por estrada e por cable.


O proxecto de lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (LOTT) contou co apoio de PP, UPyD, CiU e PNV, fronte ao rexeitamento do PSOE, da Esquerda Plural (IU-ICV-CHA) e do Grupo Mixto


A xuízo do portavoz de Fomento do Grupo Parlamentario Popular, Andrés Ayala, a lei de Ordenación dos Transportes Terrestres “consegue o reto que o Goberno marcouse de mellorar a competitividade e a eficiencia no sector do transporte”.


Trátase, explicou Ayala, de “mellorar o servizo público do transporte de viaxeiros, mellorar as condicións de competencia, o control, a seguridade e reducir a burocracia para que o noso sistema de transporte sexa moderno e adecuado ás circunstancias actuáis”.


Doutra banda, o portavoz popular subliñou o “importante esforzo realizado polo PP para chegar acordos cos diferentes grupos parlamentarios”.


Así, remarcou que se admitiron 50 das 216 enmendas que se presentaron, un 23 por cento do total; das cales, once son de IU, dous do Grupo Mixto, trece do PSOE, dez de CiU, tres de PNV e outras tres de UPyD. “Unha mostra do talante aberto e dialogante do PP cos grupos parlamentarios, grupos empresariais e sindicais”, afirmou.


De entre todas elas, destacou “as enmendas para a indemnización por seguro, o control das infraccións, a non exención dos vehículos menores de tres rodas, o acordo cos taxistas en toda a sua amplitude, a obligatoriedad de que todos os vehículos que se dedican ao transporte teñan condicións para as persoas con discapacidade ou a ampliación do transporte turístico”.


Tamén o grupo parlamentario popular introduciu sete enmendas “como as referidas ás sancións, a exención do transporte funerario, a regulación das contías en canto a sanción de acordo coa UE, a acción directa ante a falta de pago en calquera da cadea de transporte e a obligatoriedade da firma electrónica”.