Na sesión de control do Goberno celebrada hoxe, o deputado Aitor Esteban, do Grupo Parlamentario Vasco, PNV formulou unha pregunta ao presidente do Goberno, sobre a situación do sector de construción naval, con respecto ao "tax lease". Unha pregunta de interese para Euskadi pero tamén para Galicia.
Recordou que o 20 novembro do ano pasado España recibiu a autorización por parte das institucións europeas dun novo sistema de arrendamento financeiro que a Comisión considerou que era correcto e que non implicaba axuda estatal algunha.
Pero mostrou a súa preocupación por que a devolución das axudas, no seu caso, suporía o fin da construción naval española, a destrución de 87.000 empregos directos e indirectos en Galicia, Asturias e Euskadi, unha disminución da recaudación do IVA, do imposto sobre sociedades e das achegas á Seguridade Social moi importante, e evidentemente, como consecuencia de todo iso, o aumento do déficit comercial español.
O deputado instou a clarificar cal é a situación con respecto ao sistema de arrendamento financeiro anterior.
O presidente Rajoy, recoñeceu que é un tema importante pola difícil situación que atravesa o sector naval e que afecta de xeito moi directo a Galicia e ao País Vasco, pero tamén a outras zonas do noso país. “Un sector que xera moitos empregos directos e indirectos e que ademais se concentrou en buques de maior contido tecnolóxico e, xa que logo, de alto valor engadido”.
Rajoy recordou que “cando o PP chegou ao Goberno o sector da construción naval atopábase nunha difícil conxuntura debido ao procedemento de investigación formal que abrira a Comisión en xuño de 2011 en relación co sistema español de financiamento de buques. Este expediente agravaba a complicada situación consecuencia da crise económica que provocara o peche ou a liquidación dalgúns astilleros.
Dixo que: “O Goberno axilizóu as negociacións coa Unión Europea. Foi un proceso longo, complexo e con moitos contactos coas institucións comunitarias, pero, tras meses de intensas negociacións conseguimos o noso primeiro obxectivo: que a Comisión Europea aprobará un novo réxime fiscal para o financiamento de buques en España”.
Engadiu que “agora queda pendente que fagamos esforzos para defender que non procede a devolución das axudas que se recibiron co anterior réxime fiscal, porque si iso fose así, ocorrería exactamente o que vostede sinalou”
Concluíu dicindo que: “o Goberno está apoiando plenamente ao sector, que mantemos un diálogo constante e fluído con eles, que os servizos xurídicos do Estado levan meses traballando nesta cuestión para defender cos mellores argumentos xurídicos a non devolución das axudas e hai moi poucas datas -concretamente o luns día 8 deste mes de abril- a vicepresidenta do Goberno e o director da Oficina Económica da Presidencia do Goberno tiveron unha entrevista en Bruxelas co comisario de Competencia, o señor Almunia. Estamos defendendo os nosos intereses con sólidos argumentos técnicos e xurídicos e espero que as cousas saian ben para que non se produzan os indeseados efectos aos que vostede acaba de facer referencia”.