Esta mañá en Compostela participéi na xuntanza do Comité de Dirección
do PPdeG, no que abordamos entre outros a necesidade
de protocolizar a celebración de debates electorais entre os candidatos á
Presidencia da Xunta.
A proposta quedaría recollida na nova Lei Electoral de Galicia, cuxa reforma foi un compromiso electoral do partido nas pasadas eleccións autonómicas.
A proposta quedaría recollida na nova Lei Electoral de Galicia, cuxa reforma foi un compromiso electoral do partido nas pasadas eleccións autonómicas.
Sembrar o precedente dos derradeiros comicios, onde os
partidos chegaron a un acordo para que os tres candidatos debatéran cara a cara
para expoñer as súas propostas aos galegos. Trátase de dar continuidade a ese
precedente e blindalo por lei.
O Secretario Xeral, Alfonso Rueda afirmou que a proposta
porase en coñecemento do resto de grupos coa vontade de acordar este e outros
aspectos da reforma. De feito recordou que a modificación que prantexa o PPdeG
inclúe ademais unha redución no número de deputados no Parlamento galego de 75
a 61 (o número impar máis pequeno dos que ten amparo no Estatuto de
Autonomía).
No caso
da disminución de parlamentarios, Rueda recordou que xeraría un aforro de máis
de 5 millóns de euros por Lexislatura, e avanzou que é unha medida pactada co
conxunto da sociedade galega.
Incidiu
en que xa fora proposta antes das eleccións pero, posto que non contou co apoio
do resto de grupos, o PPdeG preferiu incluíla no programa electoral para
sometela ao referendo das urnas. Agora, co aval maioritario dos electores e
cunha maioría reforzada, o partido impulsará esa modificación legal, na que
espera contar co respaldo do resto de formacións.
Desde o PPdeG
apostamos por iniciar de inmediato un diálogo co resto de forzas en sede parlamentaria,
para o cal invitamos ao resto de grupos a ir traballando nas súas propostas.
Unha
negociación sen apriorismos e con vontade de pacto, máis alá de blindar aqueles
aspectos (principalmente, a redución de deputados) xa avalados polas urnas.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=1fywGcUECRc
http://www.crtvg.es/informativos/o-ppdeg-pidelle-a-beiras-que-se-desculpe-ou-que-dimita-575741
http://www.crtvg.es/informativos/o-ppdeg-pidelle-a-beiras-que-se-desculpe-ou-que-dimita-575741
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.
Recibirá resposta. Grazas.