Onte martes pola tarde, o Pleno do Congreso dos Deputados debatemos varias cuestións de interese destacando o acordo de iniciar a tramitación dunha proposta de reforma parcial do Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia.
Tamén aprobou unha proposición non de lei que pide ao Goberno a elaboración dun Plan Integral de apoio ás Familias. E para rematar, debatemos unha moción consecuencia de interpelación urxente do Grupo Socialista sobre as actuacións do Goberno en relación co avance do déficit público do exercicio 2012.
No debate da proposición non de lei que pide ao Goberno a elaboración dun Plan Integral de apoio ás Familias, interveu a portavoz de Servizos Sociais do Grupo Popular no Congreso, Susana Camareiro, que afirmou que hoxe se debate unha iniciativa do PP que pretende mellorar a institución que hoxe, máis que nunca, converteuse no instrumento máis claro de solidariedade, de cohesión social e de protección fronte á exclusión. Porque as familias, xunto coa infancia, son o eixe central das políticas sociais deste Goberno, engadiu.
Susana Camareiro recordou que non podemos esquecer o drama polo que moitas familias no noso país están atravesando: máis de 1.5 millóns de familias con todos os seus membros en paro; máis de 500.000 familias sen ningún ingreso; un 22% dos fogares por baixo do limiar da pobreza; familias que están perdendo as súas casas.
Subliñou que agora contamos cun Goberno que goberna, que toma decisións, que mira os problemas á cara e búscalles resposta, un Goberno que ten ás Familias como prioridade.
Na súa opinión, “a política de familia é unha política trasversal, por iso cando se traballa na recuperación económica e creación de emprego, pensamos nas familias; cando se garanten a educación, a sanidade e os servizos sociais pensamos nas familias”.
Remarcou que o Executivo do PP cumpre e por iso acaba de aprobar un ambicioso Plan Estratéxico de Infancia e Adolescencia, fundamental para as familias, un Plan que, por primeira vez, conta cunha dotación económica de 5.159 millóns de €.
Un Plan, explicou, que incorpora a obrigación de incluír un informe de Impacto sobre a Infancia en toda a lexislación, que outorga maior protección aos menores e que recoñece aos nenos como vítimas de violencia de xénero, aseveróu a portavoz do PP, quen advertiu que é “un Plan ambicioso que ten 8 obxectivos, 125 medidas e require a modificación de 11 leis”.
Tamén, engadiu que é un Plan que ademais do coñecemento e sensibilización; da seguridade no uso das NNTT; da atención aos colectivos en risco de exclusión social, especialmente á Pobreza Infantil; da prevención en casos de conflito; da educación de calidade; da defensa da saúde, ten como obxectivo fundamental a elaboración deste Plan Integral de Apoio á Familia.
Un Plan que contemple medidas en varios ámbitos: en Conciliación e Corresponsabilidade; onde se fale de parentalidade positiva; da necesidade de suscitar a racionalización e flexibilización dos horarios laborais, escolares, ata televisivos; das reformas no mercado laboral apostando polo teletraballo ou os permisos parentais; apoio á mediación familiar; medidas específicas sobre familias numerosas e de apoio e protección ás nais, ás mulleres e novas embarazadas que se atopen en situación de dificultade.
Quedóu aprobada nos términos dunha enmenda acordada con CiU, con 192 votos a favor, 123 en contra e 6 abstenciones.
Na moción socialista relativa ás actuacións do Goberno en relación co avance do déficit público do exercicio 2012, interveu a portavoz de Facenda do Grupo Popular no Congreso, Ana Madrazo, que afirmou que “España fixo un esforzo de redución do déficit público sen precedentes na nosa historia, mentres os socialistas foron auténticos magos na desaparición de 30.000 millóns das contas públicas e na ocultación de miles de facturas nos caixóns das Administracións Públicas”.
Madrazo rexeitou que o portavoz do PSOE acuse ao Goberno de “maquillaxe” por anunciar en febreiro un déficit do 6,74 que finalmente Eurostat cifrou no 6,98, é dicir, un 0,24 de diferenza.
Neste sentido, sinalou que os tres puntos de diferenza que no ano 2011 ocultou o Goberno socialista “é, conto menos, ocultación e engano a todos os españois e facturas e facturas sen pagar, porque España estaba ao bordo do colapso, arruinada e desacreditada nos mercados internacionais”.
Para a portavoz do GPP, o esforzo realizado “debe ser motivo de orgullo para todos, porque foi grazas ao esforzo de todos os cidadáns e de todas as Administracións”, o que nos permitiu recuperar a confianza dos mercados e dos inversores no noso país, condición indispensable xunto coas reformas emprendidas para poder empezar a crecer e crear emprego. “Iso permitiunos evitar o rescate e ter a prima de risco baixo control pese á crise de Portugal e Chipre”, subliñou.
Tamén criticou que os socialistas poñan en cuestión a compatibilidade das políticas de redución do déficit público coas políticas de impulso da actividade económica, xa que o Goberno do PP está actuando en ambas direccións.
Explicou que “é imposible crecer co déficit galopante froito do despilfarro ao que nos teñen afeitos os socialistas, pero tamén é imposible crecer só coa redución do déficit sen aplicar políticas de estímulo ao crecemento e sen facer as reformas necesarias para gañar competitividad na nosa economía”.
Ademais Madrazo acusou aos socialistas de estar facendo “un uso rastrero da regularización fiscal extraordinaria nun contexto de extraordinaria necesidade de ingresos públicos con buraco oculto que deixaron ao irse de máis de 30.000 millóns e que serviu para aflorar 40.000 millóns que antes eran opacos para Facenda”.
“Fíxose de forma absolutamente transparente, porque a diferenza das amnistías fiscais aprobadas por Gobernos socialistas, nesta coñecemos quen son os titulares dos bens aflorados”, asegurou a deputada popular, quen advertiu que “pedir que se fagan públicos os nomes é pedir ao Goberno que cometa un delito porque actualmente está prohibido pola lei”.
Segundo indicou, “estamos vendo no telediario todos os días que grazas á Axencia Tributaria abríronse moitas investigacións xudiciais e descubríronse múltiples delitos” e “España non se puiden permitir nestes momentos unha oposición irresponsable que lanza insidias e mentiras”
Foi rexeitada con 140 votos a favor, 171 en contra e 15 abstencións.