sábado, 20 de abril de 2013

Sobre o acceso ferroviario de alta velocidade a Ourense

Onte recibimos en Ourense a visita da Ministra de Fomento Ana Pastor, que se reuniu co alcalde, o presidente da Diputación e o conselleiro de Medio ambiente, territorio e  Infraestructuras da Xunta de Galicia.

Despois en roda de prensa informou sobre cuestións de gran interese para o acceso ferroviario de alta velocidade a Ourense. 

Tramo Taboadela-Ourense: 


A ministra confirmou a variante proxectada entre Taboadela e Ourense como a solución máis axeitada para a chegada da alta velocidade á cidade. 

Plantexou unha modificación de trazado entre Taboadela e Seixalbo. Unha modificación parcial en planta e alzado, que acurta o túnel de Rante en 1.700 metros, pasando de bitubo a monotubo e con dous novos viaductos.

 En definitiva optimízase o trazado contemplado no proxecto de 2011, e faise un replanteamiento dalgunhas das actuacións ferroviarias complementarias, co obxectivo de favorecer a conexión de alta velocidade nos prazos previstos e o máximo aproveitamento dos recursos dispoñibles. 

Entre Taboadela e Seixalbo mantense a dobre vía en ancho internacional e consérvase a vía actual para as mercancías. 

Entre Seixalbo e Ourense, haberá unha vía de ancho internacional e outra de vía en ancho mixto, E recuperarase o chan do trazado da vía actual, para novos aproveitamentos. 

Integración urbana e estación: 

A ministra Ana Pastor plantexou unha racionalización da solución do novo edificio da estación, máis adecuado, funcional e axustado ás necesidades do servizo. 

Suscitou unha optimización da integración urbana que sexa económicamente sostenible e por iso falou da creación dun grupo de traballo que integre a todas as partes implicadas, á procura dunha solución de consenso, ademais de integrar á Xunta de Galicia, que pola súa banda realizará un estudo funcional dunha terminal de autobuses a construír na estación intermodal de Ourense.