A pasada semana o Banco de España daba a coñecer unha enquisa dirixida a
un conxunto de entidades bancarias, que xestionan máis do 85 % do total do
crédito hipotecario vivo concedido a fogares para a compra de vivendas.
A finalidade da mesma é a de mellorar a información dispoñible en canto a
procedementos xudiciais hipotecarios respecto de vivendas.
A información que se solicitou a estas entidades refírese ás entregas de
vivendas realizadas por persoas físicas que, como resultado de procesos de
execución hipotecaria, materializáronse no ano 2012.
A información refírese a financiamento hipotecario a cliente minorista
sen finalidade empresarial ou profesional, é dicir, o ámbito de referencia é o
crédito hipotecario aos fogares para adquisición de vivenda.
O tipo de vivenda non contempla outras fincas como
puidesen ser, por exemplo, garaxes ou trasteiros.
Tamén se solicitou ás entidades que diferenciasen,
dentro da vivenda, aquela que pode considerarse como vivenda habitual doutros
tipos de vivendas, como poderían ser segundas residencias ou vivendas para
aluguer.
Pois ben, do resultado desta enquisa obtivéronse os
seguintes datos que o Banco de España di que se deben manexar con
cautela.
- O número de hipotecas a fogares para adquisición de vivenda habitual, a
31 de decembro de 2012 ascendeu a 6.140.645.
- O número total de entrega de vivendas ocorrido no ano 2012 foi de
39.167, delas, 32.490 de vivenda habitual. En proporción ao número total de
hipotecas aos fogares para adquisición de vivenda isto supón, respectivamente,
un 0,58 % e un 0,53 %.
- As dacions en pago supuxeron en 2012 un 40 % do número total de
entregas de vivendas (15.826), sendo o 43 % en relación ás entregas de vivendas
habituais (14.110).
- Do total de entregas xudiciais de vivenda (18.195), nun 84 % dos casos
a vivenda estaba baleira no momento da posesión; en entregas xudiciais de
vivendas habituais (14.165), a vivenda estaba baleira no momento da posesión
nun 83 % dos casos.
- O 85 % das hipotecas que deron lugar a entregas xudiciais de vivendas
ocupadas en 2012, orixinouse no ano 2007 ou antes dese ano.
Trátase dunha valiosa información que como di o
Banco de España, de agora en diante solicitará e publicará regularmente, en
principio, con periodicidad semestral.
* Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.
Recibirá resposta. Grazas.
* Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.
Recibirá resposta. Grazas.