martes, 14 de mayo de 2013

Conferencia de Xose Carlos Fernández Diaz, sobre Ourense e a Alta Velocidade


Chego a casa despois de asistir no Liceo de Ourense a unha conferencia impartida por  Xosé Carlos Fernández Díaz dedicada a "Alta Velocidade e Ourense".

O conferenciante, un acreditado Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, experto e estudioso ferroviario, afirmou de entrada, que coa súa disertación non pretendía xulgar, encomiar, denigrar e, nin sequera citar, a ningún titular do Ministerio de Fomento, senón as actuacións de devandito órgano do Estado nas súas relacións co servizo que debe prestar aos cidadáns de Galicia en xeral, e aos de Ourense en particular.

E recalcou que a sua intervención se alonxaba de calqueira polémica partidista nin partidaria

Dedicou a súa ampla intervención a falar da LAV de acceso á Meseta, do seu paso pola provincia de Ourense e con mais detalle do tramo Taboadela-Ourense.
Tamén da integración urbana do ferrocarril, da Estación Ourense-Empalme e da posibilidade de soterramiento das vías.

Todo iso fíxo co apoio en documentos, datos, cifras, paneis e imaxes proxectadas.

Afirmou que debemos desmitificar o custo da nosa liña de A.V. Así cifrou o custo de construción da LAV Olmedo-Ourense en 11 m€/km, que no caso do tramo Lubián Ourense sería de 20,5 m€/km.

Informou sobre o custo por Km das LAVs que xa existen en España: Madrid-Barcelona 14,44, Madrid Valladolid 23,36, Madrid-Valencia 15,07 e Olmedo-Ourense, 11,03.

Explicou as características do Tramo Taboadela-Ourense, que de conformidade co adiantado o pasado 19 de abril terá unha lonxitude 17 Km, permitirá unha velocidade máxima 300 km/h. Terá 2 tramos de vía: un de vía dobre e ancho UIC e outro de vía dobre, cunha via UIC e outra mixta

Estimóu o seu custo 306 Millóns (
plataforma 255 Millóns- 15 Mill/Km- e superestructura 51 Millóns).

A continuación recordou que o ferrocarril, desde a sua inauguración en 1957, atravesa o casco urbano de Ourense, constituíndo unha barreira para a permeabilidade urbana e analizou a conflictividade entre as vías férreas, os viais e peóns.

Analizóu as zonas conflictivas da Residencia-San Francisco-As Lagoas, do barrio de Peliquín e da Estación da Ponte.


Reflexionóu con detalle os problemas que suscita a proposta actual de Fomento sobre a Estación. E fixo unha interesante proposta sobre o soterramento das vías, que ao seu xuizo non causaría retrasso e tería un custo asumible.

Tamén realizou unha estimación sobre o número de servizos diarios de AV que tería Galicia no futuro e sobre cantos viaxeiros da liña de AV usarían a Estación de Ourense.

E pechou Xosé Carlos Fernández expresando as seguintes conclusións:

1.- A LAV de Galicia non é a máis cara de España por custo de Km.


2.- Necesítase construír unha variante entre Taboadela e Ourense para que a LAV chegue efectivamente a Ourense-Galicia e para liberar a Ourense dunha traba urbanística seria.


3.- Non é necesaria a construción dunha nova Estación.


4.- É posible e conveniente o soterramento de vías na Estación Ourense-Empalme, para reunificar e permeabilizar as partes sur e norte do barrio da Ponte.


5.- Débese liberar ao barrio de Peliquin do paso a nivel e das vías a pé de rúa.


O confereciante, atendéu logo  as preguntas dos moitos ourensás que asistiron en bó número.

Sen dúbida, escoitéi hoxe unha moi importante reflexion sobre Ourense e a alta Velocidade, con propostas serias e razoadas, que merecen ser coñecidas e valoradas. 

Están feitas desde a independencia o coñecemento e o mellor desexo de servir desinteresadamente a Ourense e a Galicia. 

Grazas e parabens ao conferenciante.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.
Recibirá resposta. Grazas.