martes, 14 de mayo de 2013

Constituido o Comité de Estratexia do PP de Ourense

Hoxe a sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu  a constitución do Comité de Estratexia Política. Este novo órgano consultivo era un dos compromisos electorais que adquirira o presidente Manuel Baltar cos militantes e afiliados populares para o presente mandato.

O Comité de Estratexia Política que se constituido hoxe estará formado polo presidente provincial, Manuel Baltar;  a senadora Carmen Leyte; o parlamentario autonómico Antonio Mouriño (que hoxe non puido asistir por cuestións de axenda); o deputado provincial Plácido Álvarez Dobaño e o teniente de alcalde de Quintela de Leirado e secretario de organización do PPOU, Pablo Pérez, e o titular deste blog.

O obxectivo fundamental deste novo órgano consultivo dos populares é “unificar criterios dende todas as institucións con representación do PPOU, co fin de clarificar e achegar con maior facilidade as mensaxes populares cara a cidadanía”.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.
Recibirá resposta. Grazas.