Hoxe recibimos de RENFE a excelente noticia de que estreará un servizo Alvia diario en ambos sentidos entre Lugo e Ferrol con Madrid.
A capital das murallas estreará conexión diurna de alta velocidade con Madrid a partir do 2 de xuño cos trens híbridos permitindo unha redución de máis de dúas horas no traxecto entre ambas cidades.
Deste xeito o tempo de viaxe entre Lugo e Madrid quedará reducido a 6 horas e 40 minutos.
Tamén hai que celebrar e moito, a creación dunha segunda frecuencia diurna desde Galicia (A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) e Madrid pola mañá.
Os novos trens Alvia sairán da Coruña ás 08,35 e de Pontevdra ás 7,40. Xuntaranse en Ourense e sairá o tren ás 09,51 e chegarán ás 14,40 horas a Madrid.
Recordo neste momento a defensa que o 14 de xuño de 2011 fixen na Comisión de Fomento do Congreso dunha Proposición non de Lei do Grupo Popular que trouxo como resultado a aprobación unánime da mesma. Nela acordábase "instar ao Goberno a establecer unha segunda relación matinal e diaria para unir por ferrocarril Galicia con Madrid antes de que finalice 2011 e de modo que os usuarios galegos dispoñan dun servizo adecuado e en igualdade de trato a outras comunidades autónomas"
http://celsodelgado.blogspot.com.es/2011/06/hoxe-defendin-na-comision-de-fomento-do.html
http://celsodelgado.blogspot.com.es/2011/06/hoxe-defendin-na-comision-de-fomento-do.html
O Goberno de entón non foi capaz de cumprir ese compromiso e a nova ministra, Ana Pastor foi a que impulsou estas notables melloras nas liñas de longa distancia que poñen mais preto Galicia e Madrid.
Celebro especialmente estas decisións do Ministerio de Fomento e RENFE.
E momento de recordar aos loitadores por esta causa, que levan anos facendo reivindicación da mellora dos servizos ferroviarios de longa distancia entre Galicia e Madrid, e que agora faise realidade.
Parabens a todos.
Parabens a todos.