sábado, 4 de mayo de 2013

Sobre o III Foro Hispano-Luso

O vindeiro martes día 7, terá lugar en Madrid o III Foro Hispano-Luso que reúne a deputados da Asemblea da República de Portugal e do Congreso dos Deputados.

Formarei parte da delegación española, e intervirei no tema dedicado ás conexións ferroviarias (como a Porto-Vigo)  e outros temas de infraestructuras e transporte (como a interoperabilidade dos sistemas de telepeaxe) 

Neste Foro abordáranse cuestións relativas á Cooperación na loita contra o terrorismo, narcotráfico e inmigración ilegal e protección civil. 

Falarase do acordo bilateral de pesca. Tamén de telecomunicacións, relacións comerciais e mercado do gas. 

E  por suposto as cuestións que nos afectan en relación coa Unión Europea.

Espero que este Foro que se celebrará na sé do Congreso dos Deputados, teña o mesmo éxito que o II Foro Parlamentario Luso-Español, que se celebrou fai un ano en Porto no magnífico marco do Palacio da Bolsa e ao que asistín.

http://celsodelgado.blogspot.com.es/2012/05/foro-parlamentario-en-porto.html



* Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es. 

Recibirá resposta. Grazas.