miércoles, 1 de mayo de 2013

Satisfactorio balance de actividade de Expourense


Onte acudín a Expourense onde a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense presentou a súa memoria de actividade do 2012.

O acto  foi presidido pola directora xeral de Comercio, Sol Mª Vázquez Abeal, que estivo acompañada por outros membros do Padrado de Expourense como o presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Celso Barbosa, ou polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández.

Un ano 2012 de aguda crise económica que estivo marcado por un obxectivo principal: apoiar ás empresas en materia de internacionalización e na proxección da súa capacidade innovadora, así como servir de plataforma para que autónomos, microempresas e emprendedores poideran atopar novos clientes e mercados. 

Pese a todo, Expourense foi unha vez mais o maia eficiente recinto ferial de Galcia e recibiu a un total de 112.000 visitantes, chegados de máis de 25 países, nun total de nove feiras e vinte eventos de diversa índole. Iso supuxo que estivese ocupado un total de 269 días ao longo do ano pasado. Ata Ourense desprazásense un total de 848 expositores.

Alejandro Rubín destacou o salto cara á internacionalización que supuxo a súa primeira experiencia en América Latina, onde se celebrou a finais do mes de setembro a feira Termatalia Peru. Este evento abriu unha vía de negocio importante para unha veintena de empresas galegas que formaron parte da delegación galega presente no evento desenvolvido no Callao-Lima.

Tamén o selo internacional de Expourense quedou patente coa celebración dunha feira comercial internacional. Trátase de Funergal que este ano estreóu esa categoría e que reuniu a potenciais compradores dunha decena de países.

Parabens a Expourense polo seu labor en favor da competitividade das empresas, impulsando o emprendimiento, a internacionalización e dinamizando a economía de Ourense e de Galicia.