martes, 7 de mayo de 2013

Descende o paro rexistrado

Onte coñecemos os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de abril de 2013.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro registrado en abril en relación co mes anterior en 163 persoas, un descenso do 0,51 %.

O numero de parados queda en 31.599, deles 15.336 son homes e 16.263 mulleres, 29.185 son maiores de 25 anos e 2.414 menores.

Por sectores, 1.368 son da agricultura, 4.515 da industria, 4.707 da construción, 18.283 nos servicios e 2.726 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual o paro rexistrado medrou en Ourense en 325 persoas, un 1,04 %, que é inferior ao dato autonómico do 4,62 % e ao nacional do 5,16%

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en 728 persoas con respecto a marzo (un - 0,25 %). O numero de parados queda en 290.459, deles 142.606 son homes e 147.853 mulleres, 269.866 son maiores de 25 anos e 20.593 menores.

Por sectores, 9.522 son da agricultura, 40.541 da industria, 46.116 da construción, 170.989 nos servicios e 23.291 do colectivo sen emprego anterior.

O paro baixou en Galicia no mes de abril, en todas as provincias.O principal descenso por sectores é na construción (-1.133) e na industria (-350)

Galicia mellorou, ademais, o seu comportamento interanual, que se sitúa nun 4,62% este mes. Este dato supón que, nun ano, Galicia mellorou en case 9 puntos (en abril de 2012 aumentaba nun 13,48%) a súa evolución interanual e inverteu a situación con respecto a España,

Se en 2012 Galicia medraba por encima de España en internanual, agora Galicia está por debaixo da media. O Estado medra nun 5,16%, mentres en Galicia a evolución interanual sitúase nun 4,62%. Das 16 comunidades nas que sube o paro en interanual –diminúe en Baleares- Galicia é a cuarta cun mellor comportamento.

España:

O paro baixou en abril en 46.050 persoas, un – 0,91 %. Queda situado en 4.989.103 persoas. Deles 2.466.643 son homes e 2.522.550 son mulleres, 4.514.446 son maiores de 25 anos e 474.747 menores.

Por sectores, 206.467 son da agricultura, 549.333 da industria, 742.759 da construción, 3.108.033 nos servicios e 382.601 do colectivo sen emprego anterior.

Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.



* Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas.