viernes, 28 de junio de 2013

NORTRANS, un excelente Salón do Transporte e a Loxística

Asisto esta tarde en Expourense, ao acto inaugural de NORTRANS o IX Salón do Transporte e a Loxística que se celebrá na miña cidade ata o 29 de xuño.

Trátase dun salón dedicado aos profesionais e empresas do importante sector de transporte de mercancías e de viaxeiros tanto por estrada, como por ferrocarril, mar e aire. Ademais este foro ofrece a oportunidade de formar e actualizar aos empresarios nas suas excelentes Xornadas Técnicas.

Inagurou o Salón, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

No seu discurso dixo que o Goberno galego detectou un problema e está concretando as solucións, as fórmulas que permitan superar o modelo de concesións, que non é o único posible. Deste xeito, Hernández aclarou, na súa intervención, que o obxectivo principal desta normativa é garantir a mobilidade dos cidadáns, así como a viabilidade dos servizos e, en consecuencia, das empresas de transporte, levando a cabo sempre un uso eficiente dos fondos públicos.

Sinalou que a modificación da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres, xa aprobada polas Cortes Xerais do Estado e pendente da súa publicación no BOE, actualiza a norma xeral. “Desde o Goberno galego cremos que é necesaria pero aínda non é suficiente para garantir a viabilidade de numerosos servizos de transporte público de viaxeiros por estrada en Galicia. Posto que as características de Galicia, como é a dispersión da poboación e as dificultades da orografía son dous aspectos que dificultan a implantación de servizos de transporte e que non están contemplados axeitadamente na nova LOTT”, afirmou Hernández.

Lembrou ademais que para ter unha normativa propia é necesario a implicación do sector neste reto, xa que son quén mellor poden achegar alternativas, solucións que permitan pasar destes momentos de dificultades no eidos transportes, a unha etapa de prosperidade que todos agardamos.

Tralo tradicional corte da cinta inaugural, efectuamos unha visita polos distintos stands de Nortrans, tomando contacto cos empresarios do sector, falando dos problemas, das oportunidades, da situación presente e futura e vendo as ultimas  novidades nos vehículos de transporte.

Sen dúbida, unha das feiras referentes do mundo do transporte e a loxística no noso país.

 Noraboa a Alejandro Rubin e todo o seu equipo de Expourense.





Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas