Un acto que presidíu o Conselleiro de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, xa que esta patrocinada pola Xunta de Galicia.
Trátase dunha selección de 20 fotografías realizadas por Luís Gabú, resultado da súa experiencia e investigacións levadas a cabo sobre o Xacobeo e as peregrinacións a Compostela.

As imaxes foron captadas durante o transcurso do ano 2010 e mostran a intimidade dun mundo real configurado pola presenza dos peregrinos na viaxe ou inmersos na relixiosidade envolvente dos rituais da Catedral de Santiago.
A obra fotográfica desta exposición ofrece unha dobre visión da Catedral de Santiago de Compostela: un diálogo visual artístico entre a serenidade e o movemento. A diferenza doutros templos cristiáns no mundo, a Catedral de Santiago presenta ao peregrino dentro dun culto e dun ritual. O Botafumeiro, elemento purificador, un dos símbolos máis populares da Catedral, ten nestas imaxes un significado especial.
Luis Gabú prolonga nesta mostra a súa visión antropolóxica da espiritualidade reflectida noutros dos seus traballos fotográficos. Desde o seu punto de vista artístico, o autor mantén a linguaxe doutros proxectos que é a utilización dos contrastes entre luces e sombras, por ser en certo modo estes contrastes os que tratan de explicar, organizar e dar sentido ás diferentes relixións, a vida e a morte, o ben e o mal, a verdade e a mentira.
A traxectoria creativa deste fotógrafo procede dunha forte vocación artística unida ao desexo de investigar outras formas de vida, outras culturas que amosan orgullosas a diferenza nun mundo globalizado.
Recomendo ver esta excelente exposición.
http://luisgabu.com/

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.