Onte a ministra de Fomento, Ana Pastor constatou un novo avance no Eixo Atlántico trala visita ao novo tramo entre Arcade e Pontevedra, unha liña de dobre vía de alta velocidade de nove quilómetros de lonxitude, por onde os trens poderán alcanzar velocidades de 200 quilómetros por hora.
A ministra resaltou que este tramo, que se puxo en servizo o pasado 10 de xuño e que contou cun investimento de 130 millóns de euros, supón unha demostración máis do compromiso do Goberno co Eixo Atlántico e con Galicia.
E destacou que nos Orzamentos de 2012 dedicáronse 313 millóns de euros ao Eixe Atlántico, executados prácticamente ao 100%, e nos de 2013, 195,8 millóns de euros.
Tamén, Ana Pastor visitou as obras da estación de Pontevedra que é unha das principais do Eixe Atlántico e estanse realizando actuacións cun investimento de 14,5 millóns de euros coa finalidade de renovala e adaptala á alta velocidade. Por unha banda, adaptar as vías e demais instalacións ferroviarias aos futuros tráficos de alta velocidade e, por outro, incrementar a calidade dos servizos que se prestan aos viaxeiros.
A ministra recordou que cando se finalice o Eixo Atlántico entre Santiago e Vigo, Pontevedra estará conectada por alta velocidade con Vigo en 15 minutos, con Santiago de Compostela en aproximadamente media hora e coa Coruña en menos dunha hora.
Neste acto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que coa posta en servizo dun novo treito do Eixo Atlántico, avanzamos cara á confirmación de que o vindeiro ano, en 2014, será por fin posible realizar o traxecto íntegro entre A Coruña e Santiago, entre Santiago e Pontevedra, e entre Pontevedra e Vigo, nun tren de alta velocidade”.
Chamou a buscar a relevancia da inauguración “máis alá dos case 10 quilómetros” que forman o novo tramo, e destacou a complexidade técnica da súa construción, que fixo necesario levantar dous viadutos e catro túneles, cun investimento superior aos 130 millóns de euros.
Feijóo, tamén falou da liña de conexión coa Meseta e subliñou que hai poucos días coñecemos a decisión da Unión Europea de contribuír ao financiamento das obras ferroviarias entre Madrid e Galicia e confiou en que esta partida e “o criterio comunitario rebatan as obxeccións que aínda se escoitan sobre a necesidade e a xustiza da nosa alta velocidade”.
O presidente da Xunta defendeu o “interese xeral” para o conxunto de España do AVE galego, manifestando que, se ben os galegos “anhelamos saír do túnel ferroviario”, ao facelo “contribuímos tamén a unha España máis conectada e territorialmente máis vertebrada”. “Poñemos as nosas pezas nun gran puzzle que a todos nos interesa concluír”, salientou.
Ramatou amosando o seu optimismo, porque considerou que, “do mesmo xeito que mellorar como estamos facendo os servizos públicos a pesar de todas as dificultades, inaugurar infraestruturas da relevancia económica e social da alta velocidade ferroviaria dinos que en Galicia tamén hai portas que se abren; dinos que , pese a todos os problemas, o país se segue construíndo; dinos que continuamos avanzando coa ollada posta no futuro”.
Sen dúbida unha excelente noticia.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.