Hoxe ao término do Pleno do Congreso celebrouse no hemiciclo unha Sesión Solemne en recordo e homenaxe ás Vítimas do Terrorismo.
Este acto celébrase por cuarto ano consecutivo trala decisión adoptada o 11 de marzo de 2010, a través dunha declaración institucional subscrita por todos os grupos parlamentarios, de declarar o 27 de xuño como Día das Vítimas do Terrorismo.
A Sesión Solemne comezou cun discurso do presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Pousada, seguido dun minuto de silencio.
Unha vez finalizado o acto, os deputados, senadores e autoridades do Estado mantivemos un encontro cos representantes das vítimas do terrorismo, no Salón de Pasos Perdidos.