Hoxe na Comisión de Orzamentos do Congreso dos Deputados compareceu a secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, a galega, Marta Fernández Currás, que afirmou que a imaxe exterior de España é hoxe moito mellor que fai un ano porque se soubo reaccionar con disciplina e transparencia tanto no control das contas como en levar a cabo a necesaria reforma financeira.
Tamén informou sobre o déficit do primeiro trimestre de 2013 do conxunto das Administracións Públicas así como da execución do orzamento do Estado do mes de abril. Igualmente, para por primeira vez, ofrecer o total das contas trimestrais de cada unha das Administracións públicas.
Isto é, a suma do resultado das dezasete Comunidades Autónomas e dos 8.115 municipios e resto de diversas entidades locais, así como o resultado da Administración central e da Seguridade Social.
Dixo que "Nun ano demos dando pasos de xigante que nos colocan na vanguardia da transparencia e claridade en cada unha das Administracións, o que mereceu a felicitación do mesmo Fondo Monetario Internacional".
Datos AAPP Primeiro Trimestre de 2013:
Segundo os primeiros datos de avance, o resultado en contabilidade nacional durante o primeiro trimestre de 2013 do conxunto das administracións públicas foi dun déficit de 12.558 millóns de euros, cifra que representa o 1,19 por cento do PIB, 0,22 puntos inferior ao rexistrado en igual periodo do ano anterior. Un 15,2% de disminución pese a soportar un incremento significativo en partidas como os gastos por intereses e por desemprego.
Administración Central:
As operacións non financeiras realizadas polas Administración central rexistraron un déficit de 16.071 millóns de euros, 4.235 millóns de euros menos que no mesmo periodo do ano anterior. Esta cifra representa un descenso do 20,9% con relación ao déficit rexistrado en igual periodo do ano anterior.
Comunidades Autónomas:
As Comunidades Autónomas resgiatraron no primeiro trimestre de 2013 unha situación de déficit en términos de contabilidade nacional de 1.235 millóns de euros, 0,1 % do PIB, o que supón un incremento respecto ao mesmo periodo do exercicio anterior de 0,1 puntos de PIB.
Corporacións Locais:
As Corporacións Locais presentan no primeiro trimestre de 2013 un superávit de 2.338 millóns de euros, que prácticamente duplica o resultado positivo do ano anterior.
Administracións da Seguridade Social:
Rexistraron no primeiro trimestre de 2013 un superávit de 2.410 millóns de euros, cifra que representa un descenso do 44,6% con relación ao superávit rexistrado en igual periodo do ano anterior.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.